El asesoramiento en manos de expertos

tiempo de hoy

Miércoles 24 de Marzo de 2010

AXUDAS A PEQUENOS COMERCIANTES INDIVIDUAIS AUTÓNOMOS QUE ABANDONEN A ACTIVIDADE COMERCIAL - RE-COMERCIA

FINALIDADE: Fomentar o relevo xeracional dos empresarios individuais próximos a acadar a idade de xubilación na actividade comercial e a rexeneración do tecido empresarial comercial coa dispoñibilidade no mercado de novos locais comerciais. TIPOS DE APOIO: Pagamento anual. BENEFICIARIOS: Poderán ser beneficiarios da subvención, os comerciantes retallistas que teñan capacidade legal para exercer o comercio e se dediquen a el de xeito habitual, dedicándose a algunha das actividades que teñan como obxecto exclusivo ou principal a realización de actos de comercio, e que estean incluídos dentro das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo III desta orde, nun ou varios establecementos comerciais, que cese definitivamente en toda actividade do comercio retallista. No caso de que a empresa estea dada de alta en dúas ou mais epígrafes do IAE, será considerada beneficiaria sempre que a actividade principal estea incluída dentro das agrupacións citadas. Considerarase actividade principal aquela que resulte de conxugar os elementos de facturación e superficie de venda destinada á actividade, que deberá acreditarse, se é o caso. Con carácter accesorio, tamén poderá ser beneficiario das axudas o cónxuxe do empresario que cesa na actividade comercial, colaborador deste no seu establecemento comercial e autónomo, que reúna os mesmos requisitos que o titular do comercio, no momento da solicitude da axuda polo devandito titular. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO Requisitos do titular: a) Posuír a condición de comerciante segundo a lexislación mercantil. b) Exercer, como titular do comercio, unha ou varias das actividades comerciais relacionadas no anexo III, de forma ininterrompida durante os últimos dez anos. c) Estar en posesión dos correspondentes permisos e licenzas municipais expedidos polos concellos respectivos e, de ser o caso, das autorizacións da Consellería de Economía e Industria. d) Ter entre sesenta e sesenta e catro anos de idade no momento da solicitude. Non se outorgará ningunha axuda a quen durante o ano 2010 cumpra os sesenta e cinco anos. e) Estar dado de alta no réxime de traballadores autónomos da Seguridade Social nos dez últimos anos de forma ininterrompida, agás no suposto previsto no parágrafo segundo da alínea b) do artigo 3º, e ter cotizado á Seguridade Social un período previo tal que lle permita completar o período de carencia exixido para causar dereito á pensión de xubilación, polo menos ao chegar aos sesenta e cinco anos de idade. f) Comprometerse a abandonar o exercicio profesional da actividade comercial retallista no seu nome, como autónomo, coa obriga de devolver as axudas obtidas e os correspondentes xuros de demora desde o seu pagamento, no caso de reiniciar calquera actividade comercial. g) Comprometerse a ceder a un terceiro a actividade comercial de todos os establecementos ou locais de negocio nos cales viña desenvolvendo a dita actividade. A cesión do establecemento comercial ou do local en que se viña exercendo a actividade será como mínimo de tres anos ou, en todo caso, polo tempo igual ao que falte para que o beneficiario cedente cumpra os sesenta e cinco anos de idade. h) Que o resto de rendementos netos regulares da unidade familiar, sen os ingresos da actividade empresarial en que cesa, non supere os 15.000 euros no último exercicio. i) No caso en que o solicitante non sexa propietario do local onde exerce a actividade comercial, deberá ter a autorización do propietario en documento público para poñer o local á disposición do mercado Requisitos do cónxuxe. a) Deberá cumprir os mesmos requisitos que o titular no momento do cesamento. b) En ningún caso o cónxuxe colaborador que reúna os requisitos para solicitar a axuda, poderá seguir exercendo a actividade comercial xunto ao novo titular dela. Requisitos dos cesionarios. Os cesionarios do establecemento comercial ou local de negocio deberán cumprir os requisitos seguintes: a) Ser persoa física que non cumprise os 45 anos, nin os cumpra no ano en que se presenta a solicitude, con capacidade legal para exercer o comercio. En ningún caso pode un cónxuxe ser cesionario do outro cónxuxe que cesa na actividade comercial. b) Ser persoa xurídica. Neste caso os administradores ou xerentes deberán cumprir o requisito da idade establecido na alínea anterior. CONTÍA DAS AXUDAS Os cedentes percibirán ata acadar a xubilación definitiva e como máximo ata o día en que cumpran os sesenta e cinco anos de idade: a) Un pagamento anual, con independencia do número de establecementos comerciais que se posúan e a variedade de actividades comerciais que se viñeran desenvolvendo, con importe que inclúe as cotas correspondentes á Seguridade Social do beneficiario que se fixa na cantidade de dez mil (10.000) euros ata cumprir os sesenta e cinco anos como máximo, rateándose a correspondente ao último ano por meses completos, en función daquel en que se acade aquela idade. O primeiro ano percibirase o devandito pagamento na súa totalidade, sen rateo, en concepto de indemnización. b) O cónxuxe do cedente que cumpra os requisitos, terá dereito a percibir un 50% do importe fixado para o titular. No caso de se producir a xubilación ou falecemento do cedente, o seu cónxuxe conservará o dereito á axuda que viñese percibindo e durante o período de tempo que lle falte para causar dereito á súa prestación por xubilación. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG ata o día 5 de abril de 2010, ambos inclusive.
Asesoría Compostela

© 2019 Asesoría Compostela, S.L. - Todos los derechos reservados

Inicio| Archivo| RSS| Contacto| Nota Legal