El asesoramiento en manos de expertos

tiempo de hoy

Miércoles 24 de Marzo de 2010

AXUDAS Á MODERNIZACIÓN DE COMERCIOS SITUADOS EN ZONAS RURAIS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA

FINALIDADE Promocionar e incentivar a modernización e a implantación de comercios situados en zonas rurais de Galicia, a implantación de comercios sitos nas diversas rutas do Camiño de Santiago e a concesión de subvencións para comerciantes ambulantes, que se inclúen como anexo I. TIPOS DE APOIO Axudas a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva. BENEFICIARIOS 1. Poderán ser beneficiarios os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís e comunidades de bens, legalmente constituídas e que cumpran os seguintes requisitos: a) Que desenvolvan ou inicien a súa actividade en establecementos comerciais situados en zonas rurais da Comunidade Autónoma de Galicia, e que o seu enderezo social e fiscal radique igualmente en Galicia. b) Que a súa actividade principal estea incluída nalgunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo VI desta orde. No caso de que o solicitante estea dado de alta en dúas ou máis epígrafes do IAE, entenderase como actividade principal aquela que comporte a maior facturación e, se isto non é posible de determinar, atenderase á superficie de venda destinada a cada actividade. c) Que non superen os dez traballadores. d) Que os locais comerciais non superen os 300 m2 de superficie comercial destinada á exposición e venda ao público, con excepción dos establecementos comerciais sinalados no anexo I, artigo 1.3º a). Quedan excluídos para o cómputo desta superficie as oficinas, reboticas, almacéns e salas de refrixeración, talleres e outros locais dedicados á elaboración ou manipulación de produtos, aulas, aseos etc. 2. Comerciantes que inicien a súa actividade nalgunha das rutas do Camiño de Santiago ao seu paso por Galicia e que sexan zonas rurais segundo o artigo 1º.1 a) e b), que cumpran co sinalado no artigo 3º.1. a), b), c), d), e que, ademais, o 75% dos produtos ofertados estean amparados pola etiqueta Artesanía de Galicia, produtos de denominación de orixe galega, e/ou produtos recollidos baixo a marca de Galicia Calidade. 3. Comerciantes ambulantes, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís e comunidades de bens, legalmente constituídas e que cumpran os seguintes requisitos: a) Que figuren inscritos no Rexistro de Vendedores Ambulantes da Xunta. b) Que desenvolvan ou inicien a súa actividade comercial nalgún dos concellos do anexo VIII, e que o seu enderezo social e fiscal radique igualmente en Galicia. c) Que non superen os dez traballadores. d) Que a súa actividade principal estea incluída nalgunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo VI desta orde. Os solicitantes non poderán estar incursos en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. REQUISITOS Considéranse comercios rurais os situados en: a) Concellos con poboación inferior a 10.000 habitantes de acordo co establecido no Real decreto 1918/2009, do 11 de decembro, polo que se declaran as cifras oficiais de poboación resultantes da revisión do padrón municipal referidas ao 1 de xaneiro de 2009 (anexo VIII). b) Núcleos de poboación que non superen os 1.500 habitantes, situados en municipios de máis de 10.000 habitantes, con ou sen planeamento municipal vixente, sempre que o concello correspondente certifique o seu carácter de núcleo rural.- INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES Considéranse actuacións subvencionables, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata a data de remate da xustificación dos investimentos, as seguintes: 1) Para os comerciantes retallistas con establecementos: a) Custo das obras e/ou ampliación do local comercial sempre que a superficie resultante non supere os 300 m2. Esta limitación de superficie non será de aplicación para as actividades encadradas baixo a epígrafe do IAE 653.1. b) Custo de adquisición de mobles, elementos de decoración e calquera outro tipo de equipamento comercial, con exclusión do equipamento informático, fotocopiadoras, televisións, monitores, etc. c) Deseño e execución de campañas publicitarias ou promocionais dirixidas á captación e fidelización de clientes no territorio (tales como deseño, produción e inserción de publicidade en radio, prensa, televisión e banners publicitarios-internet). d) Adquisición de vehículos comerciais de ata 3.500 quilogramos pma (peso máximo autorizado) de uso exclusivo para o desenvolvemento da actividade económica subvencionada, segundo o anexo VI, debidamente rotulado co nome e enderezo do establecemento comercial. Para poder optar á axuda, establécese unha contía mínima de investimento subvencionable de 1.500 euros, IVE excluído. O investimento máximo subvencionable será de 50.000 euros, IVE excluído para os comerciantes retallistas con establecemento comercial. Estes límites non serán de aplicación para os conceptos dos toldos e/ou capotas. 2) Para a implantación de comercios nalgunha das rutas do Camiño de Santiago e que sexan zonas rurais segundo o artigo 1º.1 a) e b): a) Custo das obras do local comercial sempre que a superficie resultante non supere os 300 m2. Esta limitación de superficie non será de aplicación para as actividades encadradas baixo a epígrafe do IAE 653.1. b) Custo de adquisición de mobles, elementos de decoración e calquera outro tipo de equipamento comercial, con exclusión do equipamento informático, fotocopiadoras, televisións, monitores etc. c) Deseño e execución de campañas publicitarias ou promocionais dirixidas á captación e fidelización de clientes no territorio (tales como deseño, produción e inserción de publicidade en radio, prensa, televisión e banners publicitarios-internet). 3) Para os comerciantes ambulantes: a) A adquisición de vehículos comerciais e/ou vehículos-tenda de ata 3.500 kilogramos pma (peso máximo autorizado) de uso exclusivo para o desenvolvemento da actividade económica subvencionada, segundo o anexo VI, debidamente rotulado. b) Os toldos e/ou capotas que empreguen para protexer a súa mercadoría. CONTÍA DAS AXUDAS As axudas consistirán nunha subvención a fondo perdido de ata o 50% do investimento subvencionable aprobado pola Dirección Xeral de Comercio. Estas axudas veranse incrementadas ata o 70% no caso daqueles comerciantes cuxo establecemento estea nalgunha das rutas do Camiño de Santiago. No caso das axudas á adquisición de vehículos comerciais a subvención a fondo perdido será de ata o 20%. Para os toldos e/ou capotas dos comerciantes ambulantes a subvención será de ata 10 €/metro cadrado ata un máximo de 500 €. PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o día 20 de abril de 2010 ambos inclusive.
Asesoría Compostela

© 2019 Asesoría Compostela, S.L. - Todos los derechos reservados

Inicio| Archivo| RSS| Contacto| Nota Legal