El asesoramiento en manos de expertos

tiempo de hoy

Martes 8 de Junio de 2010

PROGRAMA PARA O FOMENTO DAS INICIATIVAS EMPRENDEDORAS E DE EMPREGO

Orde do 7 de maio de 2010 (DOG Nº92 do 18/05/2010) 1. FINALIDADE / OBXECTIVO Xerar emprego estable, especialmente de mozos e mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais promovidas por persoas desempregadas con especial atención aos concellos do rural galego, e as promovidas e/ou que xeren emprego para demandantes que esgotaron a prestación por desemprego. 2. TIPOS DE APOIO • Subvención á xeración de emprego estable • Subvención financeira • Subvención para asistencia técnica • Subvención para o inicio da actividade para o financiamento dos primeiros gastos da actividade. • Subvención para a conciliación da vida profesional e persoal dos promotores. • Incrementos dos incentivos. 3. BENEFICIARIOS POTENCIAIS Empresas privadas calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, sociedades civís, comunidades de bens, sociedades cooperativas e sociedades laborais que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda e nas que concorran, na data de inicio da actividade, as seguintes circunstancias: • que sexan empresas de nova creación • que sexan viables técnica, económica e financeiramente • que xeren emprego estable para persoas desempregadas • que teñan o seu domicilio social e fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia • que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios promotores non figure ningunha persoa xurídica • que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros e • que como mínimo o 50 por cento do seu capital social sexa de titularidade de promotores desempregados que creen o seu propio posto de traballo na empresa. 4. INVESTIMENTOS E/OU GASTOS COMPUTABLES Tipos de axuda: • Subvención á xeración de emprego estable Os postos de traballo de carácter indefinido creados, incluídos os dos propios promotores, ocupados por persoas desempregadas incentivaranse, ata un máximo de dez, cada un deles coas seguintes subvencións: A. 4.000 euros para desempregados en xeral. B. 5.000 euros para mozos desempregados de 30 ou menos anos. C. 5.000 euros para mulleres desempregadas. D. 5.600 euros para mozas desempregadas de 30 ou menos anos. E. 6.000 euros para persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego, persoas desempregadas de longa duración, emigrantes retornados/as, persoas desempregadas pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social e persoas desempregadas con discapacidade. Cando a dedicación sexa a tempo parcial, as contías destes incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo, en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, na xornada ordinaria legal. • Subvención financeira Redución dos xuros de préstamos necesarios para a creación e posta en marcha das empresas tendo en conta que, como mínimo, o 75% do préstamo deberá destinarse a financiar investimentos en inmobilizado material ou intanxible. Esta subvención será como máximo de catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo. O importe desta subvención deberá destinarse á amortización do principal do préstamo. O importe máximo desta subvención non poderá superar as seguintes contías: A. 4.000 euros para desempregados en xeral. B. 5.000 euros para mozos desempregados de 30 ou menos anos. C. 5.000 euros para mulleres desempregadas. D. 5.600 euros para mozas desempregadas de 30 ou menos anos. E. 6.000 euros para persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego, persoas desempregadas de longa duración, emigrantes retornados/as, persoas desempregadas pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social e persoas desempregadas con discapacidade. Os préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo. • Subvención para asistencia técnica Para axudar á persoa promotora ou empresario na toma de decisións necesarias para o funcionamento da empresa. A asistencia técnica poderá consistir nas modalidades de formación e realización externa de estudios e informes sobre a actividade. A contía da subvención será de ata o 75% do custo dos servizos recibidos, cun límite máximo de 12.000 euros polo conxunto das modalidades de asistencia técnica previstas. • Subvención para o inicio da actividade Para o financiamento dos primeiros gastos da actividade poderá concederse unha subvención de ata 2.400 euros por cada emprego subvencionable, ata un máximo de dez. Para as persoas desempregadas de longa duración e as persoas desempregadas con discapacidade a contía desta subvención será de ata 3.600 euros. Para as persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego a contía desta subvención será de ata 4.800 euros. Serán subvencionables os gastos de constitución da empresa, a compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, arrendamento do local, de maquinaria e de equipos informáticos, gastos do seguro do local, publicidade e subministracións. • Subvención para a conciliación da vida profesional e persoal dos promotores. Subvención do 75% do custo dos servizos de gardería, ata un máximo de 3.000 euros, para os promotores que sendo titulares dunha familia teñan fillos menores de tres anos. Poderán ser beneficiarias as empresas polos promotores que obtendo a subvención á xeración do emprego estable, sexan titulares de familias monoparentais ou na que os dous cónxuxes realicen unha actividade laboral e estean dados de alta no correspondente réxime da Seguridade Social. 5. CONTÍA DAS AXUDAS Incrementos dos incentivos: As contías máximas das axudas deste programa, incrementaranse nun 25% nos casos de que a empresa teña o seu domicilio social e o centro de traballo nun concello rural. 6. PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES • O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 30 de xuño de 2010. Non obstante deberán respectarse os prazos específicos establecidos para cada tipo de axuda: • Subvención á xeración de emprego estable: 2 meses desde a data de alta na Seguridade Social. • Subvención financeira: 2 meses desde o inicio da actividade. • Subvención para asistencia técnica, subvención para o inicio da actividade e subvención para a conciliación da vida profesional e laboral dos promotores: no prazo xeral. • As solicitudes de axudas deste programa polas actuacións realizadas entre o 16 de setembro de 2009 e a data de publicación da orde, aínda que transcorrese o prazo establecido desde a alta na Seguridade Social ou desde o inicio da actividade empresarial, poderán presentarse ata o 30 de xuño de 2010. 7. INCOMPATIBILIDADES 1. Non se poderán imputar os mesmos gastos aos distintos tipos de axuda previstos neste programa. 2. As subvencións reguladas neste anexo serán incompatibles coas axudas establecidas nos programas de apoio a iniciativas de emprego de base tecnolóxica, de promoción do emprego autónomo, de integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego, así como no programa de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, agás que se trate da axuda para o acceso á condición de socio ou socia traballador/a dunha cooperativa de traballo asociado, convocados pola Consellería de Traballo. 3. A axuda á creación directa de emprego estable e a subvención por asistencia técnica para a contratación de expertos técnicos de alta cualificación serán incompatibles coas establecidas nos diferentes programas de fomento da contratación por conta allea convocados pola Consellería de Traballo. Os ditos incentivos serán compatibles, de ser o caso, coas axudas ou bonificacións ás cotizacións á Seguridade Social.
Asesoría Compostela

© 2019 Asesoría Compostela, S.L. - Todos los derechos reservados

Inicio| Archivo| RSS| Contacto| Nota Legal