El asesoramiento en manos de expertos

tiempo de hoy

Martes 18 de Enero de 2011

PROGRAMA EMEGA

1. OBXECTIVO

 
Apoiar o emprendemento feminino e a consolidación de proxectos empresariais liderados por mulleres como medio axeitado para a súa promoción, participación e progresión no mercado laboral, a través das seguintes áreas de actuación:
 
- Área de actuación I: apoio á posta en marcha de iniciativas empresariais por mulleres en forma de primas básicas ao emprendemento, a través dunha achega económica que sirva de compensación ao esforzo económico do primeiro período de actividade e de estímulo para a creación de emprego feminino por conta allea.
 
- Área de actuación II: apoio á mellora de proxectos empresariais liderados por mulleres en forma de primas especiais que sirvan de incentivo para afrontar un proxecto de mellora caracterizado pola creación de emprego feminino estable e de calidade e a mellora da competitividade.
 

 

2. TIPOS DE APOIO
 
Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva
 

 

3. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
 
I. Poderán ser beneficiarias das axudas correspondentes á área de actuación I as mulleres que cumpran os seguintes requisitos:
 
a) Que creen o seu propio posto de traballo, partindo dunha situación de desemprego ou inactividade por un período mínimo de tres meses anterior ao día primeiro do mes de inicio de actividade, establecéndose como empresarias autónomas ou sociedades unipersoais.
 
b) Que constitúan microempresas ou pequenas empresas, baixo calquera forma societaria, incluídas as sociedades civís e comunidades de bens, sempre que:
 
- Se creen na empresa os postos de traballo de todas as socias ou emprendedoras.
- Polo menos o 50% das mulleres que constitúen a empresa estivesen en situación de desemprego ou inactividade por un período mínimo de tres meses anterior ao día primeiro do mes de inicio de actividade.
- A administración sexa exercida unicamente por mulleres.
- O capital social pertenza unicamente a mulleres cando se trate de microempresas, ou que maioritariamente estea subscrito por mulleres no caso de pequenas empresas.
 
c) Que o inicio da actividade empresarial teña lugar entre o 1 de setembro de 2009 e a data de finalización de prazo de presentación de solicitudes. Para estes efectos, computarase a data de alta da actividade no IAE ou da declaración censal (no caso de varias actividades terase como referencia a da actividade principal) que terá que coincidir no mesmo mes en que se formalice a alta das promotoras no réxime da seguridade social ou mutualidade profesional que corresponda. Con carácter excepcional e sempre que exista causa razoada, entenderase que se cumpre este requisito cando polo menos a metade das socias causen alta no mes en que se produza a alta fiscal da empresa e o resto con anterioridade ao 31 de outubro de 2011.
 
d) Que realicen un investimento mínimo de 6.000 euros, segundo a letra A) do anexo III, deducido o importe correspondente á provisión de fondos. Quedan exceptuadas do cumprimento deste requisito as iniciativas para a posta en marcha de empresas dedicadas á prestación de servizos de conciliación.
 
e) Que realicen as actuacións obxecto de subvención e cumpran os demais requisitos e obrigas establecidas.
 
f) Que non recibisen con anterioridade axuda dos programas Emega para creación de empresas.
 
 
II. Poderán ser beneficiarias das axudas correspondentes á área de actuación II as empresarias autónomas, microempresas e pequenas empresas que cumpran os seguintes requisitos:
 
a) Que acrediten o cumprimento das condicións sobre o capital social e a administración da empresa establecidas no punto anterior.
 
b) Que acrediten actividade empresarial, no mesmo sector para o que se proxecta a mellora, ininterrompida entre 2 e 5 anos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
 
c) Que non recibisen con anterioridade axuda dos programas Emega para mellora de empresas.
 
d) Que realicen un investimento mínimo de 6.000 euros segundo a letra A) do anexo III, deducido o importe correspondente á provisión de fondos.
 
e) Que presenten un proxecto de mellora empresarial que supoña a creación, polo menos, dun posto de traballo para unha muller, para o que se exixa capacitación profesional media ou superior e as súas funcións estean vinculadas directamente ás accións do proxecto de mellora.
 
f) Que o proxecto se materialice a través dalgunha das seguintes accións:
 
- Proxectos de desenvolvemento de tecnoloxías avanzadas para a obtención de novos produtos ou procesos ou mellora dos xa existentes.
- Proxectos de aplicación de novas fórmulas de produción e/ou distribución.
- Proxectos de diversificación de produción e/ou da oferta de produtos ou servizos no marco da mellora da calidade.
- Proxectos de reformulación empresarial para a achega ao mercado de produtos e/ou servizos innovadores ou de especial singularidade.
 
g) Que realicen as actuacións obxecto de subvención e cumpran os demais requisitos e obrigas establecidas.
 
III. Todos os postos de traballo que se creen para dar cumprimento ao establecido neste artigo teñen que estar cubertos por un período mínimo de cinco anos e computarase desde que se produzan as altas correspondentes no sistema da Seguridade Social ou mutualidades profesionais, en todo caso, estas altas terán lugar como data límite o 31 de outubro de 2011. Para os efectos do disposto neste punto, cando remate un contrato por causa allea á empresa e sempre que se volva a ocupar o dito posto no prazo máximo dun mes, o período mínimo de cinco anos non se considerará interrompido. Para os efectos do cumprimento do requisito de creación de postos de traballo por conta allea non se computarán os contratos de interinidade.
 
IV. As persoas físicas e xurídicas solicitantes deberán acreditar mediante declaración responsable que non se atopan incursas en ningunha das causas de prohibición previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
 

 

4. CONTÍA DAS AXUDAS
 
I. As axudas destinadas ás beneficiarias da área de actuación I consistirán nunha prima básica ao emprendemento feminino, para a que se establecen as seguintes contías en función do emprego xerado:
 
a) Prima de 8.000 euros cando se trate de empresarias autónomas ou sociedades formadas por unha ou dúas mulleres.
 
b) Prima de 10.000 euros cando se trate de sociedades formadas por tres ou catro mulleres.
 
c) Prima de 12.000 euros cando se trate de sociedades formadas por cinco ou seis mulleres.
 
d) Prima de 14.000 euros cando se trate de sociedades formadas por mais de seis mulleres.
 
e) Prima de 16.000 euros para empresas que creen un posto de traballo por conta allea de carácter indefinido para mulleres.
 
f) Prima de 18.000 euros para empresas que creen dous postos de traballo por conta allea de carácter indefinido para mulleres.
 
g) Prima de 20.000 euros para empresas que creen máis de dous postos de traballo por conta allea de carácter indefinido para mulleres.
 
h) Prima de 25.000 euros para empresas que creen máis de dous postos de traballo por conta allea de carácter indefinido para mulleres e que, polo menos, un deles sexa a tempo completo.
 
i) Prima de 30.000 euros para empresas que creen máis de dous postos de traballo por conta allea de carácter indefinido a tempo completo para mulleres desempregadas de longa duración e maiores de corenta e cinco anos.
 
II. As axudas destinadas ás beneficiarias da área de actuación II consistirán nunha prima especial ao emprendemento feminino, para a que se fixan as seguintes contías:
 
a) Contía xeral: prima de 15.000 euros por empresa.
 
b) Contías específicas:
 
b.1) Prima de 20.000 euros para as empresas que, ademais do posto exixido no artigo 4º.2 e), creen dous ou máis postos de traballo por conta allea de carácter indefinido para mulleres.
 
b.2) Prima de 25.000 euros para empresas que, ademais do posto exixido no artigo 4º.2e), creen máis de dous postos de traballo por conta allea de carácter indefinido para mulleres e que, polo menos, un deles sexa a tempo completo.
 
b.3) Prima de 30.000 euros para empresas que, ademais do posto exixido no artigo 4º.2 e), creen máis de dous postos de traballo por conta allea de carácter indefinido a tempo completo para mulleres desempregadas de longa duración e maiores de corenta e cinco anos
 
* Complemento subvencional: o importe da subvención, fixado a través da prima correspondente, poderá incrementarse en 10.000 euros cando a empresa presente un acordo laboral, aprobado polas/os traballadoras/es ou representantes sindicais e vinculante para as partes, para a implantación de novos sistemas de organización que favorezan a conciliación, a non segregación, que supoñan flexibilización horaria e/ou ben que formalice de xeito individual acordos de teletraballo co persoal vinculado á empresa por contrato laboral. En ambos os dous casos os acordos manteranse vixentes durante o período mínimo de permanencia na actividade establecido nas obrigas que deben cumprir as beneficiarias.
 
Para as axudas desta convocatoria establécese o tope específico de 30.000 euros por empresa, incluído o complemento subvencional, tendo en conta que as axudas de ambas as dúas liñas son incompatibles e que dentro de cada liña só se pode ser beneficiaria dunha única prima; todo iso sempre que se respecten os topes xerais de axuda de minimis.
 

 

5. PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
 
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. ( Acabará o prazo o 19/02/2011)
 

 

6. INCOMPATIBILIDADES
 
Estas axudas están sometidas ao réxime de minimis. As axudas de ambas as dúas liñas son incompatibles.
 
As subvencións reguladas nesta resolución son incompatibles con calquera outra subvención corrente destinada ao fomento do emprendemento feminino, ben a través da creación de emprego autónomo ou ben pola xeración de postos de traballo por conta allea para mulleres.
 
Tendo en conta o anterior, en ningún caso o importe das axudas concedidas ao abeiro desta resolución poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere os límites legalmente establecidos.
 
 
Asesoría Compostela

© 2019 Asesoría Compostela, S.L. - Todos los derechos reservados

Inicio| Archivo| RSS| Contacto| Nota Legal