El asesoramiento en manos de expertos

tiempo de hoy

Jueves 29 de Agosto de 2013

SUBVENCION PROGRAMA DE PROMOCION DO EMPREGO AUTONOMO

ORGANISMO
Consellería de Traballo e Benestar
 
1. TÍTULO DO PROGRAMA / AXUDA
PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)
 
2. FINALIDADE / OBXECTIVO
A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empre¬sariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se for¬malicen desde o 11 de setembro de 2012 ata o 30 de setembro de 2013, ambos inclusive.

 
3. TIPOS DE APOIO
- Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia
- Subvención financeira

 
4. BENEFICIARIOS POTENCIAIS
1. Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas físicas que, cumprindo as condicións establecidas para cada tipo de axuda, reúnan os seguintes requisitos:

a) Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia, e que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia, sempre que:
-Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
-Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
-Non percibisen subvencións ao abeiro do Programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
-Non desenvolvesen como traballadores ou traballadoras autónomos/as a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como traballadores ou traballadoras autónomos/as en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade nos tres meses inmediatamente anteriores. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia ao nivel de 3 díxitos da Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE).

2. Os traballadores e traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarios/as das axudas deste programa, agás a subvención pola primeira contratación indefinida, cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal.

Quedan excluídos deste programa os socios de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores.

3. Para os efectos deste programa, entenderase como data de inicio de actividade laboral a da solicitude de alta como autónomo no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
 
 
5. REQUISITOS PRINCIPAIS DO PROXECTO
Definicións para os efectos desta orde:

* Persoa desempregada, aquela que figure inscrita como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego e que, pola súa vez, careza de ocupación segundo o informe da vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, se é o caso, segundo certificado da mutualidade do colexio profesional, na data da súa solicitude de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional.

* Persoa con discapacidade, aquela que teña recoñecido pola Administración competente un grado de discapacidade igual ou superior ao 33%.

* Persoas desempregadas de longa duración, aquelas que na data da súa solicitude de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional estivesen sen traballo e teñan acreditado un período de inscrición ininterrompido como desempregadas na oficina de emprego de 180 días, se fosen menores de 25 anos ou de 45 ou máis anos de idade, e de 360 días se fosen maiores de 25 e menores de 45.

* Emigrantes retornados/as, aqueles/as emigrantes que cumpran coa condición de que non transcorresen máis de dous anos entre a data do retorno e a data da súa solicitude de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

* Traballadores e traballadoras desempregados/as procedentes de empresas en crise, aqueles traballadores e traballadoras cuxa relación laboral se extinga por algunha das causas económicas, técnicas, organizativas ou de produción, ben a través do procedemento de regulación de emprego establecido nos artigos 51 e 57 bis do Estatuto dos traballadores, ou ben cando a extinción do contrato de traballo sexa polas causas obxectivas recollidas no artigo 52 c) do Estatuto dos traballadores.

* Persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego, as que extinguisen por esgotamento a prestación por desemprego de nivel contributivo e/ou o subsidio de desemprego e non desempeñasen ningún traballo, nin por conta allea nin propia, desde a data do esgotamento.

* Inmobilizado material ou intanxible, aquel definido como tal no Real decreto 1514/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o Plan Xeral de Contabilidade.

Así mesmo, no suposto de elementos de transporte soamente se computarán os ve¬hículos comerciais ou industriais que se empreguen no desenvolvemento da actividade empresarial ou profesional, así como os vehículos automóbiles de turismo que sexan em¬pregados nos desprazamentos profesionais polos representantes ou axentes comerciais (epígrafe 511 do IAE), polas persoas traballadoras autónomas que se dediquen á venda ambulante ou á venda a domicilio, os empregados na prestación de servizos de transpor¬te de viaxeiros, de ensino de condutores, e os empregados en servizos de vixilancia, ao 100 % do seu prezo de adquisición, excluído o imposto sobre o valor engadido.

*Concello rural, aquel que teña unha poboación de menos de 20.000 habitantes.

*Comunidade de bens ou sociedade civil de nova creación, aquelas que inicien a ac¬tividade empresarial desde a data do 11 de setembro de 2012, segundo a data en que se cause alta no imposto de actividades económicas, ou, de ser o caso, desde a data de alta no censo de obrigados tributarios do Ministerio de Economía e Facenda.
 
 
 
 
6. CONTÍA DAS AXUDAS
• Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia.

1. Poderáselles conceder ás persoas desempregadas, co obxecto de facilitarlles in¬gresos durante o inicio da actividade e posta en marcha da iniciativa empresarial ou profesional, unha subvención polo seu establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia, sempre que se acredite un investimento en inmobilizado material ou intanxible necesario para o desenvolvemento da actividade por unha contía non inferior a 3.000 euros sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou com¬pensación, e se realice no período comprendido entre os tres meses anteriores ao inicio de actividade e os seis meses posteriores ao dito inicio, coa data límite, en todo caso, do 20 de decembro de 2013.

No caso de comunidades de bens e sociedades civís, para a acreditación do requisito do investimento mínimo de 3.000 euros realizado por cada persoa comuneira ou socia solicitante da subvención terase en conta a súa porcentaxe de participación na comunidade de bens ou sociedade civil.

2. As contías desta subvención serán as seguintes:

A. 5.000 euros para desempregados en xeral.
B. 6.000 euros para mozos/as desempregados/as de 30 ou menos anos.
C. 7.000 euros para mulleres desempregadas.
D. 7.500 euros para emigrantes retornados/as, traballadores ou traballadoras procedentes de empresas en crise, persoas desempregadas de longa duración e persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego.
E. 8.000 euros para desempregados con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
F. 10.000 euros para mulleres desempregadas con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
3. As contías do parágrafo 2 deste artigo incrementaranse en 2.000 euros para os se¬guintes colectivos:
A. Mozos desempregados de 30 ou menos anos.
B. Mulleres desempregadas.
C. Persoas desempregadas de 45 ou máis anos de idade.
D. Persoas desempregadas que rematen o seu itinerario personalizado de inserción nunha ocupación directamente relacionada no seu contido coa actividade empresarial.

4. As contías do parágrafo 2 deste artigo incrementaranse en 3.000 euros para aquelas persoas traballadoras autónomas ou profesionais que, pertencendo a algún dos colectivos do parágrafo anterior, teñan o seu domicilio fiscal nun concello rural.

5. As contías do parágrafo 2 deste artigo incrementaranse en 3.600 euros para os se¬guintes colectivos:
A. Persoas desempregadas de longa duración.
B. Persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego.
C. Persoas desempregadas pertencentes a algún colectivo en risco ou en situación de exclusión social.
D. Persoas desempregadas con discapacidade.

6. Para poder acceder aos incrementos establecidos nos parágrafos 3, 4 e 5 deste artigo, a persoa solicitante deberá acreditar un investimento en inmobilizado material ou intanxible necesario para o desenvolvemento de actividade por unha contía non inferior a 5.000 euros sen incluír o importe sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, e se realicen no período comprendido entre os tres meses anteriores ao inicio da actividade e os seis meses posteriores ao dito inicio coa data límite, en todo caso, do 20 de decembro de 2013.

Os incrementos establecidos nos parágrafos 3, 4 e 5 deste artigo son incompatibles entre si. No suposto de que as características da persoa desempregada dean lugar á súa inclusión en máis dun colectivo dos definidos nos parágrafos 3, 4 e 5 deste artigo, só será posible aplicar a contía da subvención respecto dun deles, correspondendo a opción á per¬soa solicitante (segundo modelo anexo I). En caso de non exercer esta opción, entende¬rase solicitado polo colectivo coa contía superior que quede acreditado na documentación achegada coa solicitude.
No caso de comunidades de bens e sociedades civís para a acreditación do requisito do investimento mínimo de 5.000 euros realizado por cada persoa comuneira ou socia solici¬tante da subvención terase en conta a súa porcentaxe de participación na comunidade de bens ou sociedade civil.


7. O prazo de presentación de solicitudes de subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia será dun mes desde a data da solicitude de alta na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, respec¬tando, en todo caso, o prazo xeral establecido no artigo 6.2 desta orde, aínda que non transcorrese o mes anteriormente citado.

• Subvención financeira.

1. A subvención financeira ten por finalidade facilitar a creación do seu propio posto de traballo mediante a redución de xuros de préstamos necesarios para a súa constitución como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia, tendo en conta que, como mínimo, o 75% do préstamo se deberá destinar a financiar investimentos en inmobilizado material ou intanxible. Este investimento deberase realizar no período comprendido entre os tres meses anteriores ao inicio de actividade e os seis meses posteriores ao dito inicio, con data límite, en todo caso, do 20 de decembro de 2013. En todo caso, a persoa be¬neficiaria debe acreditar un investimento en inmobilizado material ou intanxible por unha contía non inferior a 3.000 euros sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.

Non se admitirá, para os efectos da súa xustificación, a adquisición de bens usados con cargo ao préstamo obxecto da axuda, agás no suposto de traspaso de negocios. No suposto das empresas que realicen por conta allea operacións de transporte por estrada, non se poderá conceder esta subvención para a adquisición de vehículos de transporte de mercadorías por estrada.

Os préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo e Benestar, e deberanse formalizar entre os tres meses anteriores ao inicio da actividade e o 30 de setembro de 2013 ou, de ser o caso, no prazo específico establecido na resolución de concesión.

No caso de comunidades de bens e sociedades civís, para a acreditación do requisito do investimento mínimo de 3.000 euros realizado por cada persoa comuneira ou socia solicitante da subvención terase en conta a súa porcentaxe de participación na comunidade de bens ou sociedade civil.

Esta subvención, pagadoira dunha soa vez, será equivalente á redución de ata catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo, calculada sobre os oito primeiros anos de vixencia destes. A contía calcularase como se a subvención se xerase cada ano de duración do préstamo, incluído o posible período de carencia. O tipo de xuro poderá ser fixo ou variable, tomándose como referencia para o cálculo da subvención o tipo de xuro vixente na data da resolución da subvención, ou o vixente na data da sinatura do contrato do préstamo se esta é anterior.

O beneficiario/a, no prazo de trinta (30) días desde a data en que teña coñecemento do pagamento efectivo da subvención, ten que presentar certificación expedida pola entidade financeira, acreditativa da amortización do principal do préstamo na contía subvencionada.

No caso de microcréditos concedidos polo Instituto de Crédito Oficial ou por outras entidades de crédito a persoas desempregadas incluídas nas letras D, E e F do punto 2 deste artigo, a subvención poderá ser o custo total dos gastos financeiros, cos límites máximos sinalados no número seguinte.

2. A subvención financeira terá como límite máximo as contías seguintes:

A. 5.000 euros para desempregados en xeral .
B. 6.000 euros para mozos/as desempregados/as de 30 ou menos anos.
C. 7.000 euros para mulleres desempregadas.
D. 7.500 euros para emigrantes retornados/as, traballadores ou traballadoras procedentes de empresas en crise, persoas desempregadas de longa duración e persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego.
E. 8.000 euros para desempregados con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
F. 10.000 euros para mulleres desempregadas con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.

3. O prazo de presentación de solicitude da subvención financeira será dun mes desde a data da solicitude de alta na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, respectando, en todo caso, o prazo xeral establecido no artigo 6.2 desta orde, aínda que non transcorrese o mes anteriormente citado.

 
7. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
O prazo xeral para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a pro¬moción do emprego autónomo finalizará o 30 de setembro de 2013, aínda que non trans¬corresen os prazos específicos previstos para cada tipo de axuda.

As actuacións subvencionables ao abeiro do Programa para a promoción do emprego autónomo regulado nesta orde, realizadas entre o 11 de setembro do ano 2012 e a data da súa publicación, poderán acollerse ás axudas desta, aínda que transcorrese o prazo establecido desde a solicitude de alta na Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional. O prazo para a presentación destas solicitudes será dun mes desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia desta orde.

Nos prazos específicos para a presentación das solicitudes de axudas, establecidos nos artigos 4.7, 5.3 e 6.3 desta orde, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da solicitude de alta na Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cóm¬puto, entenderase que o prazo expira o último do mes.

 
8. INCOMPATIBILIDADES
1. En ningún caso o importe das axudas concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total da activi¬dade que vaia desenvolver a persoa beneficiaria.

2. As subvencións establecidas neste programa son incompatibles coas establecidas nos programas de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, iniciativas de emprego, iniciativas de emprego de base tecnolóxica e integración laboral das persoas con discapacidade convocados pola Consellería de Traballo e Benestar.

3. Non se poderán imputar os mesmos gastos aos distintos tipos de axuda previstos neste programa, agás nos supostos de subvencións para o establecemento como traba¬llador ou traballadora autónoma ou por conta propia, en que só se terán en conta para a comprobación do requisito exixido no artigo 4.

Estas axudas están sometidas ao réxime de minimis, nos termos establecidos no Regulamento (CE) 1998/2006 da Comisión, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOUE L 379, do 28 de decembro). Esta circunstancia farase constar expresamente nas resolucións de concesión. Polo tanto, a axuda total de minimis concedida a unha empresa non será superior a 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais, ou a 100.000 euros no suposto dunha axuda concedida a unha empresa que opere no sector do transporte por estrada.

Por tratarse de axudas sometidas ao réxime de axudas de minimis, non se poderán conceder a empresas dos seguintes sectores:
a) Pesca e acuicultura, segundo se prevee no Regulamento (CE) 104/2000 do Consello.
b) Produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do Tratado.
c) Actividades relacionadas coa exportación a países terceiros ou Estados membros cando a axuda estea vinculada directamente ás cantidades exportadas, á creación e ao funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados á actividade de exportación.

 
 
 
 

 
9. OBSERVACIÓNS
Considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación. En todo caso, o pagamento dos gastos xustificati¬vos das subvencións deste programa deberá terse realizado antes do 20 de decembro de 2013.

As facturas deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o regulamento que regula as obrigas de facturación, e deberán estar emitidas, en todo caso, antes do 20 de decembro de 2013.

 

Asesoría Compostela

© 2019 Asesoría Compostela, S.L. - Todos los derechos reservados

Inicio| Archivo| RSS| Contacto| Nota Legal