El asesoramiento en manos de expertos

tiempo de hoy

Jueves 5 de Junio de 2014

AXUDAS PARA A PROMOCION DE EMPREGO AUTONOMO MAIORES DE 30 ANOS

 

El plazo de presentación finaliza el 30/09/2014

PROGRAMA PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

Finalidad / Objetivo

A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2013 ata o 30 de setembro de 2014, ambos os dous incluídos.

Tipos de apoyo

- Subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma.
- Subvención financeira

Beneficiarios potenciales

1. As persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia, sempre que cumprindo as condicións establecidas para cada tipo de axuda, reúnan os seguintes requisitos:

- Ter 30 ou máis anos de idade na data da presentación da solicitude.

- Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2013 e o 30 de setembro de 2014, ambos os dous incluídos, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.

- Non percibisen subvencións ao abeiro do Programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.

- Non desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia ao nivel de 3 díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE). Este requisito non se aplicará ás persoas traballadoras autónomas colaboradoras.

2. As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa, cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a comunidade de bens ou sociedade civil deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.

Quedan excluídas deste programa as persoas socias de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores.

Sectores incentivables

Por tratarse de axudas sometidas ao réxime de axudas de minimis, non poderá concederse a empresas dos seguintes sectores:

a) Pesca e acuicultura, segundo se establece no Regulamento (UE) nº 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello.

b) As axudas concedidas ás empresas dedicadas á produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do Tratado.

c) As axudas concedidas ás empresas que operan no sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas, nos casos seguintes:

c.1) Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.

c.2) Cando a axuda estea supeditada a que unha parte ou a súa totalidade se repercuta aos produtores primarios.

d) As axudas ás actividades relacionadas coa exportación a países terceiros ou Estados membros cando a axuda estea vinculada directamente ás cantidades exportadas, á creación e funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados á actividade de exportación.

e) As axudas condicionadas á utilización de produtos nacionais en lugar de importados.

Inversiones o gastos computables

* Inmobilizado material ou intanxible, aquel definido como tal no Plan Xeral de contabilidade e no Plan xeral de contabilidade de pequenas e medianas empresas e os criterios contables específicos para microempresas, e incluídos nos subgrupos 20, 21 e 23 do cadro de contas dos citados plans, excluídos os anticipos.

Para os efectos de acreditar o requisito do investimento mínimo, en inmobilizado material ou intanxible e/ou o destino do préstamo, non se terán en conta os investimentos realizados no domicilio particular da persoa solicitante ou dalgunha das persoas comuneiras ou socias da comunidade de bens ou sociedade civil, agás aqueles debidamente acreditados que sexan imprescincibles para o desenvolvemento da actividade empresarial ou profesional, así como os investimentos correspondentes a compravendas entre as persoas comuneiras ou socias.

Así mesmo, no suposto de elementos de transporte soamente se computarán os vehículos comerciais ou industriais (furgóns, camións ou vehículos mixtos) que se empreguen no desenvolvemento da actividade empresarial ou profesional, así como os vehículos automóbiles de turismo que sexan empregados nos desprazamentos profesionais polos representantes ou axentes comerciais (epígrafe 511 do IAE), polas persoas traballadoras autónomas que se dediquen á venda ambulante ou á venda a domicilio, os empregados na prestación de servizos de transporte de viaxeiros, de ensino de condutores, e os empregados en servizos de vixilancia, ao 100 % do seu prezo de adquisición, excluído o imposto sobre o valor engadido.

Cuantía de las ayudas

* Subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia

Poderáselle conceder á persoa desempregada, co obxecto de facilitarlle ingresos durante o inicio da actividade e posta en marcha da iniciativa empresarial ou profesional, unha subvención polo seu establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia, sempre que se acredite un investimento en inmobilizado material ou intanxible necesario para o desenvolvemento da actividade por unha contía non inferior a 3.000 euros sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación e se realice no período comprendido entre os tres meses anteriores ao inicio de actividade e os seis meses posteriores ao dito inicio, coa data límite, en todo caso, do 20 de decembro de 2014. No caso da persoa física que estea incluída no réxime especial de recarga de equivalencia, o IVE non é susceptible de recuperación polo que se deberá ter en conta para o cumprimento do requisito de investimento mínimo.

No caso de comunidades de bens e sociedades civís, para a acreditación do requisito do investimento mínimo de 3.000 euros realizado por cada persoa comuneira ou socia solicitante da subvención terase en conta a súa porcentaxe de participación na comunidade de bens ou sociedade civil.

As contías desta subvención serán as seguintes:

A. 5.000 euros desempregado en xeral.

B. 6.000 euros muller desempregada.

C. 6.500 euros persoa emigrante retornada, persoa traballadora procedente de empresa en crise, persoa desempregada de longa duración e persoa desempregada que esgotase a prestación por desemprego.

D. 8.000 euros desempregado con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.

E. 10.000 euros muller desempregada con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.

A contía da axuda incrementarase nun 10 % cando a persoa física, comunidade de bens ou sociedade civil, segundo os datos consignados no documento de alta no IAE (modelo 036) ou no censo de obrigados tributarios, teña o seu centro de traballo nun concello das provincias de Lugo ou Ourense. Se a persoa solicitante no momento da presentación da solicitude non está de alta no IAE ou no censo de obrigados tributarios, terase en conta para estes efectos o concello que declare a persoa solicitante na memoria do proxecto (anexo II) e na solicitude.


* Subvención financeira

A subvención financeira ten por finalidade facilitar a creación do seu propio posto de traballo mediante a redución de xuros de préstamos necesarios para a súa constitución como persoa traballadora autónoma ou por conta propia, tendo en conta que, como mínimo, o 75 % do préstamo se deberá destinar a financiar investimentos en inmobilizado material ou intanxible.

Este investimento deberase realizar no período comprendido entre os tres meses anteriores ao inicio de actividade e os seis meses posteriores ao dito inicio, con data límite en todo caso do 20 de decembro de 2014. En todo caso, a persoa beneficiaria debe acreditar un investimento en inmobilizado material ou intanxible por unha contía non inferior a 3.000 euros sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación. No caso da persoa física que estea incluída no réxime especial de recarga de equivalencia, o IVE non é susceptible de recuperación polo que se deberá ter en conta para o cumprimento do requisito de investimento mínimo.

Non se admitirá, para os efectos da súa xustificación, a adquisición de bens usados con cargo ao préstamo obxecto da axuda, agás no suposto de traspaso de negocios. No suposto das empresas que realicen por conta allea operacións de transporte por estrada non se poderá conceder esta subvención para a adquisición de vehículos de transporte de mercadorías por estrada, agás as empresas que realicen un servizo integrado en que a operación de transporte só sexa un elemento, como os servizos de mudanza, os servizos de correo postal ou de mensaxaría e os servizos de recolla e transformación de residuos.

Os préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo e Benestar, e deberán formalizarse entre os tres meses anteriores ao inicio da actividade e o 30 de setembro de 2014, ou, de ser o caso, no prazo específico establecido na resolución de concesión.

No caso de comunidades de bens e sociedades civís, para a acreditación do requisito do investimento mínimo de 3.000 euros realizado por cada persoa comuneira ou socia solicitante da subvención terase en conta a súa porcentaxe de participación na comunidade de bens ou sociedade civil.

Esta subvención, pagadoira dunha soa vez, será equivalente á redución de ata catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo, calculada sobre os oito primeiros anos de vixencia destes. A contía calcularase como se a subvención se xerase cada ano de duración do préstamo, incluído o posible período de carencia. O tipo de xuro poderá ser fixo ou variable e tomarase como referencia para o cálculo da subvención o tipo de xuro vixente na data da resolución da subvención, ou o vixente na data da sinatura do contrato do préstamo, se esta é anterior.

A persoa beneficiaria, no prazo de trinta (30) días desde a data en que teña coñecemento do pagamento efectivo da subvención, ten que presentar certificación expedida pola entidade financeira, acreditativa da amortización do principal do préstamo na contía subvencionada.

No caso de microcréditos concedidos por entidades públicas ou por outras entidades de crédito a persoa desempregada incluída nas letras C, D e E do punto 2 deste artigo, a subvención poderá ser o custo total dos gastos financeiros, cos límites máximos sinalados no número seguinte.

A subvención financeira terá como límite máximo as contías seguintes:

A. 5.000 euros, desempregado en xeral.

B. 6.000 euros, muller desempregada.

C. 6.500 euros, persoa emigrante retornada, persoa traballadora procedente de empresa en crise, persoa desempregada de longa duración e persoa desempregada que esgotase a prestación por desemprego.

D. 8.000 euros, desempregado con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.

E. 10.000 euros, muller desempregada con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo comezará o día seguinte a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2014.

Incompatibilidades

1. En ningún caso o importe das axudas concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, supere o custo total da actividade que vaia desenvolver a persoa beneficiaria.

2. As subvencións establecidas neste programa son incompatibles coas establecidas nos programas de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, iniciativas de emprego, iniciativas de emprego de base tecnolóxica e integración laboral das persoas con discapacidade, convocados pola Consellería de Traballo e Benestar.

Así mesmo, serán incompatibles coas axudas para a creación de pemes ou a realización de investimentos en empresas novas promovidas por novos emprendedores, convocadas polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), así como coas axudas comprendidas no programa Emega para o fomento do emprendemento feminino.

Observaciones

O período de xustificación é o establecido na resolución de concesión e finaliza, en todo caso, o 20 de decembro de 2014.

As facturas deberán cumprir os requisitos establecidos no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o regulamento que establece as obrigas de facturación, e deberán estar emitidas con data límite, en todo caso, do 20 de decembro de 2014

 

Asesoría Compostela

© 2019 Asesoría Compostela, S.L. - Todos los derechos reservados

Inicio| Archivo| RSS| Contacto| Nota Legal