El asesoramiento en manos de expertos

tiempo de hoy

Viernes 29 de Enero de 2016

AXUDAS COMERCIANTES

 

Finalidade / Obxectivo

Subvencións para a mellora de imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego.

Tipos de apoio

Subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciais

As persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, así como as federacións de comerciantes e as asociacións profesionais de artesáns, que en todos os casos cumprirán ademais os seguintes requisitos:

a) Comerciantes retallistas:

– Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia, que o domicilio social e fiscal radique na Comunidade Autónoma e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.

– Que, tendo a condición de peme, empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.

– Que estea dado de alta nalgúns dos epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II e que este constitúa a actividade principal do solicitante.

b) Titulares de obradoiros artesanais:

– Que o obradoiro artesán figure inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

– Que fagan uso da marca «Artesanía de Galicia».

c) As federacións de comerciantes sen fins de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

d) As asociacións profesionais de artesáns de Galicia legalmente constituídas.

– Que polo menos 10 dos seus membros figuren inscritos no Rexistro Galego de Artesanía.

Non poderán ser beneficiarios/as destas axudas: as empresas en crise; nin aqueles que tendo sido beneficiarios do procedemento IN201H, renunciasen a el ou perderan o dereito ao cobramento total da subvención.

Sectores incentivables

Comercio e Artesanía

Requisitos principais do proxecto

Consideraranse subvencionables as seguintes actuacións, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2016 ata a data límite de xustificación.

1) Para os comerciantes retallistas:

a) Acondicionamento do local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 150 m2. Non será de aplicación esta limitación de superficie para as actividades encadradas baixo a epígrafe do IAE 653.1. Esta actuación será subvencionable na superficie comercial dedicada á venda.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 10.000 euros€, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 40 %.

b) Medidas orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento dedicado ao desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venda.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 5.000 euros€, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 40 %.

2) Para os titulares de obradoiros artesanais:

a) Sistemas de etiquetas intelixentes, que engadidos ao produto ou ao seu empaquetado ou envase completen a información deste, sinalando o proceso de elaboración, a historia, a rastrexabilidade ou outros valores engadidos.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 6.000 euros€, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

3) Para os comerciantes retallistas ou titulares de obradoiros artesanais:

a) Ferramentas ou programas informáticos que melloren a xestión do establecemento/obradoiro e o deseño dos seus produtos.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 4.000 euros€, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

b) Desenvolvemento e implantación de solucións de empaquetado e etiquetaxe dirixido a mellorar a loxística e a comercialización do produto e o deseño da súa presentación.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 5.000 euros€, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

c) Novos sistemas de comercialización que combinen o comercio online e offline, poñendo á disposición dos clientes recursos tecnolóxicos, así como a implantación e actualización de páxinas web ou aplicacións para dispositivos móbiles, dirixidas a mellorar a comercialización dos produtos e que conten con tenda online e pasarela de pagamento. Quedan excluídos neste punto as accións de publicidade, así como os traballos de fotografía cando non exista implantación da web.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 6.000 euros€, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

d) Páxinas web comerciais cos seguintes elementos mínimos: portada ou páxina de inicio; formulario de contacto; páxinas de produtos ou servizos facilmente actualizables desde o xestor, incluíndo o servizo de maquetación das 2 primeiras páxinas como mínimo; epígrafe de situación cos datos de contacto da empresa.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 1.000 euros€, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

e) Novos sistemas de comercialización e información ao consumidor que impliquen a utilización das redes sociais para a venda. Quedan excluídos neste punto as accións de publicidade.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 8.000 euros€, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %. O beneficiario deste punto queda obrigado á inserción de 5 publicacións semanais.

Os beneficiarios poderán solicitar unha actuación por cada epígrafe e o investimento máximo subvencionable por beneficiario será de:

Para comerciantes retallistas 39.000 euros € (IVE excluído) e para os titulares de obradoiros artesanais 30.000 euros (IVE excluido) e a porcentaxe de subvención a que se especifica en cada epígrafe.

4) Para as federacións de comerciantes:

Para o desenvolvemento do m-commerce, aplicacións informáticas (apps) e webs para teléfonos móbiles. No deseño incluirase, como mínimo: o deseño gráfico da aplicación, o desenvolvemento e a publicación nas plataformas, así como os idiomas. Deberán incluír actividades de promoción, publicidade, ofertas, etc.

Os proxectos que se implanten deberán implicar polo menos 50 establecementos comerciais.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 6.000 euros€, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50%.

Cada federación só poderá presentar a solicitude para unha aplicación informática (apps).

5) Para as asociacións profesionais de artesáns:

Proxectos de deseño e creación de novos produtos a partir da colaboración de dous ou máis artesáns e un deseñador.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 56.000 euros€, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 70%.

En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

En ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

Así mesmo, non serán subvencionables nesta orde de axudas, os seguintes conceptos:

–- Ordenadores.
-– Bolsas, etiquetas e caixas convencionais.
- –Impresoras.
-– Televisores.
-– Sistemas de alarma ou similares.
-– Os impostos recuperables ou repercutibles polo beneficiario.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes será ata o 18 de febreiro de 2016.

Incompatibilidades

O importe das subvencións reguladas nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras axudas e subvencións das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total do investimento subvencionable.

As subvencións previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das reguladas por esta consellería e entes dependentes, para os mesmos conceptos subvencionables.

Asesoría Compostela

© 2019 Asesoría Compostela, S.L. - Todos los derechos reservados

Inicio| Archivo| RSS| Contacto| Nota Legal