El asesoramiento en manos de expertos

tiempo de hoy

Miércoles 23 de Marzo de 2016

PROMOCION DO EMPREGO AUTONOMO DAS PERSOAS NOVAS INSCRITAS NO SISTEMA NACIONAL DE GARANTIA XUVENIL

Finalidad / Objetivo

A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais cunha viabilidade económica e financeira que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas novas desempregadas que figuren inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil como interesadas en recibir as accións executadas no contexto da garantía xuvenil e que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia.

Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2015 ata o 30 de setembro de 2016, ambos inclusive.

Tipos de apoyo

- Subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil.

- Subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarias das axudas deste programa as persoas novas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e que desenvolvan fundamentalmente a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo o modelo 036 ou 037), sempre que, cumprindo as condicións establecidas para cada tipo de axuda, reúnan os seguintes requisitos:
a) Ser titular ou cotitular do negocio ou explotación.
b) Estar inscrito no Sistema nacional de garantía xuvenil.
c) Non ter traballado nos trinta (30) días naturais anteriores á data de inicio de actividade laboral.
d) Terse dado de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional entre o 1 de outubro de 2015 e o 30 de setembro de 2016, ambos inclusive, como titulares ou cotitulares do negocio ou explotación.
e) Non percibir subvencións ao abeiro dos distintos programas de promoción do emprego autónomo nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade. Se no momento da solicitude da subvención a persoa non tivese solicitada a alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional, terase en conta a data de presentación da solicitude de subvención.
f) Non desenvolver como persoa traballadora autónoma a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivese de alta como persoa traballadora autónoma en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade nos tres meses inmediatamente anteriores. Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia ao nivel de 3 díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE). Este requisito non se aplicará á persoa traba-lladora autónoma colaboradora.

2. As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a comunidade de bens ou sociedade civil deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.

Quedan excluídas deste programa as persoas socias de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores.

Sectores incentivables

Por tratarse de axudas sometidas ao réxime de axudas de minimis, non poderá concederse a empresas dos seguintes sectores:

a) Pesca e acuicultura.

b) As axudas concedidas ás empresas dedicadas á produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na listaxe do anexo I do Tratado.

c) As axudas concedidas ás empresas que operan no sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas, nos casos seguintes:

i) Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas.

ii) Cando a axuda estea supeditada a que unha parte ou a totalidade dela se repercuta nos produtores primarios.

d) As axudas ás actividades relacionadas coa exportación a países terceiros ou Estados membros cando a axuda estea vinculada directamente ás cantidades exportadas, á creación e funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados á actividade de exportación.

e) As axudas condicionadas á utilización de produtos nacionais en lugar de importados.

Cualificación requerida del proyecto

Plan de viabilidade do proxecto empresarial, que contará como mínimo:

– Curriculum vitae da persoa solicitante.
– Presentación e descrición do proxecto empresarial, liñas de negocio, produtos e servizos, elementos innovadores ou diferenciadores.
– Análise do mercado, onde se vai desenvolver a actividade. Deberá constar: análise da competencia, da demanda e proveedores, así como unha análise das fortalezas e debilidades.
– Balance provisional de ingresos e gastos dos tres primeiros exercicios económicos.
– Fontes de financiamento alleas á subvención solicitada.

Este plan estará informado por entidade independente entre as cales figuran a Unidade Galicia Emprende e os axentes de emprego e desenvolvemento local.

Inversiones o gastos computables

* Inmobilizado material ou intanxible, aquel definido como tal no Plan Xeral de contabilidade e no Plan xeral de contabilidade de pequenas e medianas empresas e os criterios contables específicos para microempresas, e incluídos nos subgrupos 20, 21 e 23 do cadro de contas dos citados plans, excluídos os anticipos.

Para os efectos de acreditar o requisito do investimento mínimo, en inmobilizado material ou intanxible e/ou o destino do préstamo, non se terán en conta os investimentos realizados no domicilio particular da persoa solicitante ou dalgunha das persoas comuneiras ou socias da comunidade de bens ou sociedade civil, agás aqueles debidamente acreditados que sexan imprescincibles para o desenvolvemento da actividade empresarial ou profesional, así como os investimentos correspondentes a compravendas entre as persoas comuneiras ou socias.

Así mesmo, no suposto de elementos de transporte soamente se computarán os vehículos comerciais ou industriais (furgóns, camións ou vehículos mixtos) que se empreguen no desenvolvemento da actividade empresarial ou profesional, así como os vehículos automóbiles de turismo que sexan empregados nos desprazamentos profesionais polos representantes ou axentes comerciais (epígrafe 511 do IAE), polas persoas traballadoras autónomas que se dediquen á venda ambulante ou á venda a domicilio, os empregados na prestación de servizos de transporte de viaxeiros, de ensino de condutores, e os empregados en servizos de vixilancia, ao 100 % do seu prezo de adquisición, excluído o imposto sobre o valor engadido.

En ningún caso para a acreditación do inmobilizado material ou intanxible se terán en conta os contratos de arrendamento financeiro nin outras figuras xurídicas afíns que non lle concedan á persoa solicitante o pleno dominio ou titularidade inicial do investimento.

Cuantía de las ayudas

* Subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil.

Co obxecto de axudar as persoas novas desempregadas ao inicio e mantemento do emprego como persoa traballadora autónoma e así, polo tanto, facilitarlle ingresos durante o inicio da súa actividade laboral, poderá concedérselles unha subvención a fondo perdido ás persoas que soliciten a alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade profesional, desde o 1 de outubro de 2015 ata o 30 de setembro de 2016.

A contía desta subvención será de 1.200 euros.

É requisito para optar a esta axuda ter solicitado a alta como autónomo no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional con anterioridade á presentación da solicitude de subvención.

* Subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia

Poderáselle conceder á persoa nova inscrita no Sistema nacional de garantía xuvenil, para a posta en marcha do seu proxecto empresarial ou profesional, unha subvención polo seu establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia, sempre que se acredite un investimento en inmobilizado material ou intanxible por unha contía non inferior a 2.000 euros sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación e se realice no período comprendido entre os tres meses anteriores ao inicio de actividade laboral e os seis meses posteriores ao dito inicio, coa data límite, en todo caso, do 20 de decembro de 2015. No caso da persoa física que estea incluída no réxime especial de recarga de equivalencia, regulado nos artigos 148 e seguintes da Lei do IVE (Lei 37/1992, do 28 de decembro), o IVE non é susceptible de recuperación, polo que se deberá ter en conta para o cumprimento do requisito de investimento mínimo.

No caso de comunidades de bens e sociedades civís, para a acreditación do requisito do investimento mínimo de 2.000 euros realizado por cada persoa comuneira ou socia solicitante da subvención, terase en conta a súa porcentaxe de participación na comunidade de bens ou sociedade civil.

As contías desta subvención serán as seguintes:

A. 7.500 euros persoa moza.
B. 8.000 euros, muller.
B. 10.000 euros cando a persoa beneficiaria sexa una persoa nova con discapacidade ou pertencente a algún colectivo en risco ou situación de exclusión social.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes de axudas do Programa para a promoción do emprego autónomo das persoas novas inscritas no Sistema de garantía xuvenil comezará o día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2016.

Incompatibilidades

1. subvención para iniciativas de autoemprego xuvenil, recollida no artigo 7 desta orde, é incompatible coa subvención polo establecemento como persoa traballadora autó¬noma ou por conta propia prevista no artigo 8.

2. As subvencións establecidas neste programa son incompatibles coas establecidas nos distintos programas de promoción do emprego autónomo, nos programas de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, iniciativas de emprego, iniciativas de emprego de base tecnolóxica e integración laboral das persoas con discapacidade, convo-cados pola Consellería de Traballo e Benestar.

Así mesmo, serán incompatibles coas axudas comprendidas no programa Emega para o fomento do emprendemento feminino convocadas pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, así como con outras que, polos mesmos conceptos, poidan outorgar as administracións públicas como medida de fomento do emprego.

Referencia legislativa

Orde do 29 de decembro de 2015 (DOG Nº248 do 30/12/2015) - Bases e convocatoria 2016

Información y tramitación en

Consellería de Política Social - Teléfono: 981545625 / 981957590 / 981957729

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia..

 

 

Asesoría Compostela

© 2019 Asesoría Compostela, S.L. - Todos los derechos reservados

Inicio| Archivo| RSS| Contacto| Nota Legal