El asesoramiento en manos de expertos

tiempo de hoy

Miércoles 20 de Julio de 2016

SUBVENCION EMPRENDEMENTO FEMININO

 El plazo de presentación finaliza el 01/08/2016

SUBVENCIÓNS PARA O APOIO AO EMPRENDEMENTO FEMININO (PROGRAMA EMEGA)

Finalidad / Objetivo

O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como para ter acceso a servizos específicos de acompañamento, asesoramento e titorización co obxecto de facilitar a implantación e a consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

Tipos de apoyo

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva en réxime de minimis.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser beneficiarias das axudas do programa Emega as empresas privadas formadas por mulleres que inicien a súa actividade económica ou formalicen os seus plans Innova ou Activa no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e a data da fin do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria, sempre que cumpran todas as condicións e requisitos comúns e os específicos da correspondente liña ou tipo de axuda previstos nesta resolución, así como na normativa xeral de subvencións, en particular, as exixencias establecidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no seu regulamento.

2. Requisitos comúns a todas as liñas de axuda:

a) Tratarse dunha empresa privada coa categoría de microempresa ou pequena empresa validamente constituída, baixo calquera forma xurídica segundo o sinalado no punto 2.b) deste artigo.

Para estes efectos, teñen a categoría de microempresas as unidades económicas que ocupan menos de dez persoas e cuxo volume de negocio anual ou balance xeral anual non supere os dous millóns de euros. E de pequena empresa as unidades económicas que ocupan menos de 50 traballadores e cuxo volume de negocio anual ou balance xeral anual non supere os dez millóns de euros.

Non poderán ser beneficiarias destas axudas as entidades sen ánimo de lucro nin as empresas públicas ou participadas, agás que se trate de participacións minoritarias de carácter temporal ou préstamos participativos a través dalgún instrumento de apoio financeiro á iniciativa emprendedora, acordes coa previsión contida no capítulo IV, do título II, da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

b) A actividade mercantil pode ser realizada por empresarias individuais, sociedades civís, comunidades de bens ou sociedades mercantís, incluídas as sociedades laborais e as cooperativas de traballo asociado.

Nas empresas de tipo societario, a administración da empresa teñen que exercela mulleres e o capital social estar maioritariamente subscrito por mulleres no caso de pequenas empresas e integramente subscrito por elas cando se trate de microempresas, agás que a participación proveña de instrumentos de apoio financeiro á actividade emprendedora consonte o sinalado no último parágrafo do punto anterior.

Excepcionalmente, no caso da liña ITEF, calquera que sexa o tamaño da empresa, admitirase a participación de persoas que colaboraron no desenvolvemento do proxecto de investigación base da iniciativa empresarial sempre que, en todo caso, a maioría do capital social sexa titularidade das mulleres emprendedoras e a administración da empresa a exerzan mulleres.

c) Ter domicilio social e fiscal, así como establecemento de produción ou comercial, en Galicia.

d) As promotoras das empresas beneficiarias das axudas deben estar de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional e estar vinculadas laboralmente á empresa, desenvolvendo de forma habitual a súa actividade profesional nela.

e) Ter iniciado a actividade económica e a actividade laboral nos termos exixidos para cada tipo de axuda nesta resolución.

Para os ditos efectos, o inicio do exercicio efectivo da actividade económica acreditarase mediante a xustificación da alta no imposto de actividades económicas (IAE) ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria. E o inicio da actividade laboral mediante a acreditación da alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou, de ser o caso, na mutualidade de colexio profesional.

f) A iniciativa ou proxecto empresarial debe ter viabilidade técnica, económica e financeira, o que deberá quedar reflectido no plan de negocio empresarial.

g) Non encontrarse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursa en ningunha delas realizarase mediante declaración responsable da interesada.

h) Non ter percibido axudas ao abeiro do programa Emega nos tres anos anteriores á data do inicio da actividade económica no caso das liñas Emprende e ITEF. No caso das liñas Activa e Innova, nos tres anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria.

De telas percibido, o dito prazo computarase desde a data da notificación da resolución de concesión da anterior axuda.

3. Os requisitos e condicións para seren beneficiarias deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manterse durante o período mínimo de permanencia da actividade e do mantemento dos postos de traballo (dous anos), de acordo co disposto no artigo 25 desta resolución.

4. Así mesmo, deberán acreditar a realización dun investimento mínimo en inmobilizado material ou intanxible non inferior aos límites establecidos para cada liña de axuda no artigo 6 desta resolución.

Sectores incentivables

Non poderán concederse ás empresas, actividades e supostos seguintes:

a) Empresas que operan no sector da pesca e acuicultura.

b) Empresas dedicadas á produción primaria dos produtos agrícolas que figuran na lista do anexo I do tratado.

c) Empresas que operan no sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas, nos casos seguintes: c.1) Cando o importe da axuda se determine en función do prezo ou da cantidade de produtos deste tipo adquiridos a produtores primarios ou comercializados polas empresas interesadas; c.2) Cando a axuda estea supeditada a que unha parte ou a totalidade desta se repercuta aos produtores primarios.

d) Actividades relacionadas coa exportación a países terceiros ou Estados membros cando a axuda estea vinculada directamente ás cantidades exportadas, á creación e funcionamento dunha rede de distribución ou a outros gastos de explotación vinculados á actividade de exportación.

e) As axudas condicionadas á utilización de produtos nacionais en lugar de importados.

Cuantía de las ayudas

* Investimento en inmobilizado material ou intanxible nas liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF

1. Nas liñas Emprende, Innova e Activa as empresas deberán acreditar a realización dun investimento mínimo en inmobilizado material ou intanxible para o desenvolvemento da actividade empresarial obxecto de subvención non inferior a 1.000 euros e no caso da liña ITEF non inferior a 3.000 euros, sen incluír o imposto sobre o valor engadido (IVE) ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes susceptibles de recuperación ou compensación. Non obstante, nos supostos en que o IVE non sexa susceptible de recuperación, de ser o caso, terase en conta para acreditar o requisito do investimento mínimo.

2. O investimento mínimo terá que estar realizado e efectivamente pagado, como máximo, na data de finalización do prazo de xustificación da axuda. Este gasto terá que xustificarse, segundo os conceptos e partidas que figuran no plan de negocio empresarial, mediante facturas ou documentos de valor equivalente no tráfico mercantil e con eficacia administrativa.

De acordo co establecido no artigo 42.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considerarase efectivamente pagado o gasto cando se xustifique o pagamento mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados e asinados pola entidade beneficiaria da axuda. Nestes documentos deben quedar claramente identificadas a persoa receptora e a emisora do pagamento, e é conveniente que no concepto se faga constar o número da factura.

Para estes efectos, non se admitirán os pagamentos en efectivo.

No caso de que na fase de xustificación non se acredite e xustifique en tempo e forma o investimento mínimo exixido, procederá a revogación da axuda concedida.

3. Para o caso de que figure un investimento en inmobilizado material ou intanxible para o desenvolvemento da actuación subvencionada superior ao mínimo exixido, non será necesario xustificar o importe que exceda o dito mínimo, agás que a solicitante se comprometa á súa realización para os efectos do previsto no parágrafo seguinte.

Na valoración das solicitudes terase en conta o investimento superior ao mínimo exixido (artigo 18.1.6), sempre que a solicitante o declare e manifeste expresamente o compromiso da súa realización, pagamento e xustificación na forma, termos e prazos sinalados no número 2 anterior, no modelo anexo III.

Para o caso de que non se xustifique a totalidade do investimento superior comprometido no modelo anexo III e o investimento realizado sexa inferior ao tramo tido en conta para a valoración da solicitude, podería dar lugar á perda do dereito ao cobramento da subvención de acordo co establecido na letra g) do artigo 26.2 desta resolución.

4. Entenderase por inmobilizado material ou intanxible aquel definido como tal no Plan xeral de contabilidade e no Plan xeral de contabilidade de pequenas e medianas empresas e os criterios contables específicos para microempresas.

*Liña Emprende: requisitos específicos e contía dos incentivos.

1. Poderán acollerse aos incentivos da liña Emprende as empresas de nova creación constituídas por mulleres sempre que, ademais dos requisitos e condicións xerais e comúns para obter a condición de beneficiaria relacionados no artigo 5 desta resolución, cumpran os seguintes requisitos específicos:

a) O inicio da actividade económica ten que producirse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria, ambos os dous inclusive.

b) Ten que supor a creación dos postos de traballo de todas as promotoras.

c) As promotoras antes do inicio da actividade laboral deben estar desempregadas. No caso de empresas constituídas por máis dunha promotora, esta condición deberá cumprirse como mínimo polo 50 % das promotoras.

Para estes efectos, entenderase por persoa desempregada aquela que careza de ocupación durante un período mínimo dun mes inmediatamente anterior á data de inicio da súa actividade laboral.

d) A alta de todas as promotoras no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional deberá formalizarse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria, ambos os dous inclusive.

No caso de creación de emprego para traballadoras por conta allea, para que poidan ser tidas en conta para os efectos desta convocatoria, a correspondente alta na Seguridade Social deberá formalizarse, como máximo, ata a data de finalización do prazo de xustificación da axuda.

e) Non ter desenvolvido actividade empresarial na mesma actividade económica nos tres anos inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade para a cal se solicita a axuda.

Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia a nivel de tres díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE).

2. A contía dos incentivos da liña Emprende determínase en atención ao número de postos de traballo creados con carácter estable para mulleres, por conta propia ou por conta allea, de acordo coa seguinte escala:

a) Incentivo de 12.000 euros ás empresas que creen o posto de traballo da promotora.

b) Incentivo de 18.000 euros ás empresas que creen dous postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.

c) Incentivo de 20.000 euros ás empresas que creen tres postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.

d) Incentivo de 22.000 euros ás empresas que creen catro ou máis postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.

* Liña Innova: requisitos específicos e contía dos incentivos

1. Poderán acollerse aos incentivos da liña Innova as empresas constituídas por mulleres que presenten un proxecto de mellora sempre que, ademais dos requisitos e condicións xerais e comúns para obter a condición de beneficiaria relacionados no artigo 5 desta resolución, cumpran os seguintes requisitos específicos:

a) No mes de finalización do prazo de presentación de solicitudes debe acreditarse a realización efectiva da actividade empresarial de forma ininterrompida durante un mínimo de dous e un máximo de cinco anos na mesma actividade económica para a cal se proxecta a mellora.

b) O proxecto de mellora ten que supor a creación, polo menos, dun posto de traballo para unha muller para o cal se exixa unha capacitación profesional media ou superior e cuxas funcións laborais estean vinculadas directamente ao desenvolvemento do proxecto de mellora e por un período mínimo de dous anos.

c) A alta na Seguridade Social da traballadora que ocupe o posto obrigatorio e, de ser o caso, das que ocupen os demais postos de traballo creados e vinculados ao proxecto de mellora, para que poidan ser tidos en conta para os efectos desta convocatoria, deberá formalizarse, como máximo, ata a data de finalización do prazo de xustificación da axuda.

d) O proxecto de mellora, cuxa estratexia de implementación debe recollerse no plan de negocio empresarial, deberá materializarse nalgunha das seguintes accións:

– Proxectos de desenvolvemento de tecnoloxías avanzadas para a obtención de novos produtos ou procesos, ou mellora dos xa existentes.

– Proxectos de aplicación de novas fórmulas de produción ou distribución.

– Proxectos de diversificación de produción e/ou ofertas de produtos ou servizos no marco da mellora da calidade.

– Proxectos de reformulación empresarial para a achega ao mercado de produtos ou servizos innovadores ou de especial singularidade.

e) O proxecto de mellora ten que materializarse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e, como máximo, ata a data de finalización do prazo de xustificación da axuda.

2. A contía dos incentivos da liña Innova determínase en atención á creación do posto obrigatorio e, de ser o caso, ao número dos demais postos de traballo creados con carácter estable para mulleres, de acordo coa seguinte escala:

a) Incentivo de 15.000 euros ás empresas que creen o posto de traballo obrigatorio para unha muller.

b) Incentivo de 18.000 euros ás empresas que creen, ademais do posto de traballo obrigatorio, un posto de traballo por conta allea con contrato indefinido para outra muller.

c) Incentivo de 20.000 euros ás empresas que creen, ademais do posto de traballo obrigatorio, dous postos de traballo por conta allea con contrato indefinido para mulleres.

d) Incentivo de 22.000 euros ás empresas que creen, ademais do posto de traballo obrigatorio, tres ou máis postos de traballo por conta allea con contrato indefinido para mulleres.

* Liña Activa: requisitos específicos e contía dos incentivos

1. Poderán acollerse aos incentivos da liña Activa as empresas constituídas por mulleres que presenten un proxecto de reactivación para o mantemento do emprego e para asegurar o necesario equilibrio empresarial sempre que, ademais dos requisitos e condicións xerais e comúns para obter a condición de beneficiaria relacionados no artigo 5 desta resolución, cumpran os seguintes requisitos específicos:

a) No mes de finalización do prazo de presentación de solicitudes debe acreditarse un período mínimo de tres anos de realización efectiva da actividade empresarial na mesma actividade económica para a cal se proxecta o plan de reactivación. Entenderase cumprido este requisito cando existan períodos de inactividade que en total non superen os tres meses.

b) O proxecto de reactivación e consolidación deberá recollerse no plan de negocio empresarial e ten que materializarse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e, como máximo, ata a data de finalización do prazo de xustificación da axuda.

c) O plan de negocio empresarial deberá conter a definición do proxecto e deberá incluír, entre outros, o seguinte: a) os aspectos que condicionan o seu funcionamento; b) as necesidades que se deben cubrir a curto, medio e longo prazo para acadar o equilibrio empresarial e o mantemento do emprego; c) as medidas de tipo estrutural, conxuntural, económicas, financeiras, tecnolóxicas, de cualificación de medios humanos, de ampliación ou renovación de produtos ou servizos, de localización, etc., necesarias para a reactivación empresarial; d) o cadro de persoal; e) a conta de resultados dos últimos tres anos de funcionamento.

d) Manter ou incrementar o número de postos de traballo por conta propia ou por conta allea preexistentes na empresa.

e) A alta na Seguridade Social das traballadoras que ocupen os novos postos de traballo creados como consecuencia do proxecto de reactivación, para que poidan ser tidas en conta para os efectos desta convocatoria, deberá formalizarse, como máximo, ata a data de finalización do prazo de xustificación da axuda.

2. A contía dos incentivos da liña Activa determínase en atención ao número de postos de traballo existentes na empresa como consecuencia do mantemento ou do incremento do emprego preexistente, por conta propia ou por conta allea, de acordo coa seguinte escala:

a) Incentivo de 6.000 euros ás empresas que manteñan o posto de traballo da promotora.

b) Incentivo de 12.000 euros ás empresas con dous postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.

c) Incentivo de 15.000 euros ás empresas con tres postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.

d) Incentivo de 18.000 euros ás empresas con catro ou máis postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.

* Liña ITEF: requisitos específicos e contía dos incentivos

1. Poderán acollerse aos incentivos da liña ITEF as empresas de nova creación que respondan a un proxecto empresarial de carácter innovador, no eido da investigación e da tecnoloxía, constituídas por mulleres sempre que, ademais dos requisitos e condicións xerais e comúns para obter a condición de beneficiaria relacionados no artigo 5 desta resolución, cumpran os seguintes requisitos específicos:

a) O inicio da actividade económica ten que producirse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e a data do fin do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria, ambos os dous inclusive.

b) A actividade, proceso, produto ou servizo que vaian desenvolver debe ter un claro carácter innovador, con alto contido científico ou tecnolóxico, ter como obxectivo principal a aplicación de desenvolvementos tecnolóxicos no ámbito produtivo, de novo coñecemento aplicado, de resultados do avance científico e de I+D+i, ou nos cales a presenza de elementos intanxibles xeradores de valor sexa especialmente importante.

c) Ten que supor a creación dos postos de traballo de todas as promotoras.

d) As promotoras antes do inicio da actividade laboral deben estar desempregadas. No caso de empresas constituídas por máis dunha promotora, esta condición deberá cumprirse como mínimo polo 50 % das promotoras.

Para estes efectos, entenderase por persoa desempregada aquela que responda á definición contida no artigo 7.1.c) desta resolución.

e) A alta das promotoras no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional deberá formalizarse no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta convocatoria, ambos os dous inclusive.

No caso de creación de emprego para traballadoras por conta allea, para que poidan ser tidas en conta para os efectos desta convocatoria, deberán formalizarse, como máximo, ata a data de finalización do prazo de xustificación da axuda.

f) Como mínimo, a promotora ou unha delas cando sexan varias debe ser unha persoa con titulación universitaria relacionada co ámbito da ciencia, do coñecemento ou da tecnoloxía en que se basea a iniciativa empresarial. Ademais, en todo caso, ten que gardarse a proporción dunha persoa con titulación universitaria por cada catro postos de traballo creados.

g) Non ter desenvolvido actividade empresarial na mesma actividade económica nos tres anos inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade para a cal se solicita a axuda.

Para estes efectos, entenderase por mesma actividade a coincidencia a nivel de tres díxitos da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE).

2. A contía dos incentivos da liña ITEF determínase en atención ao número de postos de traballo creados con carácter estable para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, de acordo coa seguinte escala:

a) Incentivo de 18.000 euros ás empresas que creen o posto de traballo da promotora.

b) Incentivo de 30.000 euros ás empresas que creen dous postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.

c) Incentivo de 40.000 euros ás empresas que creen tres postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.

d) Incentivo de 50.000 euros ás empresas que creen catro ou máis postos de traballo para mulleres, por conta propia ou por conta allea con contrato indefinido, incluíndo o da promotora ou promotoras.

*Concilia: obxecto, modalidades e contía dos incentivos

1. Concilia é unha axuda complementaria das liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF que ten por obxecto favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral ou profesional, tanto das promotoras coma das persoas traballadoras incorporadas á empresa, coas seguintes modalidades: Concilia-promotoras e Concilia-persoas traballadoras por conta allea.

Os incentivos previstos para esta axuda só poderán concederse a aquelas empresas que os soliciten expresamente e que resulten beneficiarias de subvención por calquera das liñas Emprende, Innova, Activa ou ITEF previstas nesta convocatoria.

2. A modalidade Concilia-promotoras consiste nun incentivo de 3.000 euros por empresa, sempre que forme parte dela algunha promotora con fillas ou fillos menores de tres anos na data de finalización do prazo de xustificación da axuda.

3. A modalidade Concilia-persoas traballadoras por conta allea consiste nun incentivo de 1.000 euros por persoa traballadora por conta allea, cun máximo de 5.000 euros por empresa, sempre que se solicite expresamente e se opte por un dos seguintes supostos:

a) Formalización dun acordo ou pacto de conciliación para o persoal asalariado, coas persoas traballadoras ou representantes sindicais e vinculante para as partes, para a implantación de novos sistemas de organización do traballo para favorecer a conciliación e a corresponsabilidade, que conteñan medidas que permitan unha maior adaptación dos tempos de traballo e a flexibilización horaria para as persoas traballadoras por conta allea.

b) Empresas que asinen acordos de teletraballo, formalizados de xeito individual, co persoal vinculado á empresa con contrato laboral.

Para os efectos desta resolución, considérase teletraballo aquel en que a prestación laboral remunerada se desenvolva, como mínimo, durante unha xornada laboral, fóra das dependencias da empresa, ben no domicilio da persoa traballadora ou ben onde libremente elixa, mediante o emprego de novas tecnoloxías da información e a comunicación, co obxecto de contribuír á conciliación da vida laboral, persoal e familiar.

O acordo individual de teletraballo reflectirá, como mínimo, as condicións en que se desenvolverá a prestación laboral e axustarase ao establecido na normativa legal e no convenio colectivo de aplicación.

4. Tanto os acordos ou pactos de conciliación coma os acordos individuais de teletraballo teñen que constar por escrito e estar formalizados, como máximo, na data do fin do prazo de xustificación da axuda, así como estar vixentes, cando menos, durante o período mínimo de permanencia da actividade segundo o establecido no artigo 25 desta resolución.

* Dual: obxecto e contía do incentivo

Dual é unha axuda complementaria das liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF para apoiar a participación das promotoras no programa de titorización organizado pola Secretaría Xeral da Igualdade co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais subvencionados ao abeiro desta convocatoria.

O dito programa consistirá nun máximo de cinco entrevistas persoais, individuais ou grupais, e comprenderá actuacións de orientación, asesoramento, acompañamento e titorización, así como de seguimento da iniciativa empresarial durante o proceso de implantación.

O incentivo da axuda Dual consiste nunha cantidade global de 500 euros por empresa.

Esta axuda só poderá concederse a aquelas empresas que resulten beneficiarias de subvención por calquera das liñas Emprende, Innova, Activa ou ITEF ao abeiro desta convocatoria, sempre que se solicite expresamente e se asuma o compromiso de participar e completar o programa de titorización.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes.

Incompatibilidades

1. As subvencións establecidas nesta resolución para as liñas Emprende, Innova, Activa e ITEF son incompatibles entre si, e dentro de cada liña soamente poderán ser beneficiarias dun único incentivo. Estes incentivos son compatibles coas axudas complementarias Dual e Concilia previstas nesta resolución.

2. Así mesmo, as axudas do programa Emega son incompatibles coas establecidas para a mesma finalidade e concepto nos distintos programas de promoción do emprego autónomo, de fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais, de iniciativas de emprego, e de iniciativas de emprego de base tecnolóxica convocadas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, así como con outras axudas que para a mesma finalidade e concepto poidan outorgar outros departamentos da Xunta de Galicia ou outras administracións públicas como medida de impulso ao emprendemento.

3. Tamén son incompatibles coas subvencións á contratación por conta allea que poida convocar a Consellería de Economía, Emprego e Industria, outros departamentos da Xunta de Galicia ou calquera outra Administración pública. De ser o caso, a contratación subvencionada a través de incentivos á contratación por conta allea non se poderá ter en conta para a determinación da contía da correspondente liña do programa Emega. 

Asesoría Compostela

© 2019 Asesoría Compostela, S.L. - Todos los derechos reservados

Inicio| Archivo| RSS| Contacto| Nota Legal