El asesoramiento en manos de expertos

tiempo de hoy

Miércoles 20 de Julio de 2016

SUBVENCION FOMENTO E CONSOLIDADCION EMPREGO PEMES

 Obxecto

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2016 do programa de fomento e
consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación.
A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre a mocidade, os
homes maiores de 45 anos e as mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais
na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.
O programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación inclúe os seguintes tipos
de axudas:
a) Subvención á xeración de emprego estable.
b) Subvención para formación.
c) Subvención para o inicio da actividade.
d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
Beneficiarios
1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica
que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades
laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales
concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:
a) Que sexan empresas de nova creación.
b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure
ningunha persoa xurídica.
https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=TR&codProc=807I&procedemento=TR807I
5 de 5
20/07/2016 14:11:05
f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.
g) Que como mínimo o 50 % do seu capital social sexa de titularidade dos promotores e promotoras que sexan persoas
desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.
2. Ademais, tamén poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as empresas privadas que obtivesen a
cualificación como iniciativa local de emprego (ILE).
Estas empresas, cualificadas previamente como ILE, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídos autónomos ou
autónomas e as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, deben estar
constituídas e ter iniciado a súa actividade no prazo máximo dun ano desde a notificación da resolución de cualificación ou,
de ser o caso, no prazo que se estableza na resolución de cualificación, sempre que cumpran as condicións e os requisitos
establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.
A actividade desenvolta pola empresa debe coincidir coa do proxecto previamente cualificado como iniciativa local de
emprego.
No caso de sociedades civís e comunidades de bens, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na
resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de
subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera
caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir
as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación.
3. No caso da axuda para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar, poderán ser beneficiarias as persoas
promotoras que cumpran os requisitos establecidos no artigo 11 desta orde.
Asesoría Compostela

© 2019 Asesoría Compostela, S.L. - Todos los derechos reservados

Inicio| Archivo| RSS| Contacto| Nota Legal