El asesoramiento en manos de expertos

tiempo de hoy

Jueves 15 de Marzo de 2007

Axudas para novos traballadores autónomos

Beneficiarios: Os desempregados inscritos como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores autónomos ou por conta propia, sempre que: -Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, ou ben constitúan unha sociedade limitada na que todos os socios sexan persoas físicas e teñan un capital social fundacional inferior a 120.200 euros. -Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou no réxime especial do mar da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional. -Non percibiran subvencións ao abeiro do programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade. -Non desenvolveran como traballadores autónomos a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade; nin estiveran de alta como traballadores autónomos en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores.
Asesoría Compostela

© 2019 Asesoría Compostela, S.L. - Todos los derechos reservados

Inicio| Archivo| RSS| Contacto| Nota Legal