El asesoramiento en manos de expertos

tiempo de hoy

Lunes 19 de Enero de 2009

PROGRAMA DE PROMOCION DO EMPREGO AUTONOMO

ORDE DO 30 DE DECEMBRO DO 2008 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO. Obxecto Promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadores ou traballadoras autónomos/as ou por conta propia. Serán subvencionables as altas no Réxime Especial de Traballadores por conta propia ou Autónomos ou en mutualidade de colexio profesional que cumprindo os requisitos e condicións establecidas na mesma, se formalicen desde o 16 de setembro de 2008 ata o 15 de setembro de 2009, ambos inclusive. Persoas beneficiarias As persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores/as autónomos/as ou por conta propia, sempre que: • Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, ou ben formen parte de sociedades civís ou comunidades de bens sempre que as soliciten a título persoal. • Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional. • Non percibisen subvencións ao abeiro do programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade. • Non desenvolvesen como traballadores/as autónomos/as a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estiveran de alta como traballadores/as autónomos/as en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos 3 meses inmediatamente anteriores. Os traballadores e traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarios/as das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís sempre que as soliciten a título persoal. Quedan excluídos do mesmo, os socios de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores. Tipos de axuda • Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia, co fin de facilitar durante o inicio da actividade uns ingresos mínimos, sempre que se acredite un investimento en inmobilizado fixo por importe non inferior a 3.000 euros (sen incluír o IVE) realizado entre os 3 meses anteriores ao inicio da actividade e os 6 posteriores. As contías desta subvención serán as seguintes: A. 5.000 euros para desempregados en xeral. B. 6.000 euros para mozos desempregados de 30 ou menos anos. C. 7.000 euros para mulleres desempregadas. D. 7.500 euros para emigrantes retornados/as e traballadores ou traballadoras procedentes de empresas en crise, persoas desempregadas de longa duración, e traballadores ou traballadoras procedentes de empresas dos sectores de actividade en reetruturación sinalados no anexo I da orde de convocatoria. E. 8.000 euros para persoas desempregadas con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social. F. 10.000 euros para mulleres desempregadas con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social. G. No suposto de demandantes de primeiro emprego as cantidades dos puntos A, B, e C incrementaranse en 500 euros. No caso de comunidades de bens e sociedades civís o investimento mínimo esixido será por cada socio/a individual da sociedade, sexa ou non beneficiario/a da subvención, e en proporción á súa participación na mesma. • Subvención financeira de redución de xuros de préstamos necesarios para a súa constitución como traballador/a autónomo/a, tendo en conta que, como mínimo, o 75% do préstamo deberá destinarse a financiar investimentos en inmobilizado fixo, podendo destinarse ata un 25% a financiar o activo circulante. Deberá acreditarse un investimento en inmobilizado fixo por importe non inferior a 3.000 euros (sen incluír o IVE) realizado entre os 3 meses anteriores ao inicio da actividade e os 6 posteriores. Os préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo. (Ver nota informativa sobre a subvención financeira). Esta subvención será como máximo de catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo, sen que en ningún caso o tipo de xuro que deba satisfacer o beneficiario, despois de calculada a subsidiación, poida resultar inferior a un punto. O importe desta subvención deberá destinarse á amortización do principal do préstamo. O importe máximo desta subvención non poderá superar as seguintes contías: A. 5.000 euros para desempregados en xeral. B. 6.000 euros para mozos desempregados de 30 ou menos anos. C. 7.000 euros para mulleres desempregadas. D. 7.500 euros para emigrantes retornados/as e traballadores ou traballadoras procedentes de empresas en crise, persoas desempregadas de longa duración, e traballadores ou traballadoras procedentes de empresas dos sectores de actividade en reetruturación sinalados no anexo I da orde de convocatoria. E. 8.000 euros para persoas desempregadas con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social. F. 10.000 euros para mulleres desempregadas con discapacidade ou en risco ou situación de exclusión social. G. No suposto de demandantes de primeiro emprego as cantidades dos puntos A, B, e C incrementaranse en 500 euros. No caso de comunidades de bens e sociedades civís o investimento mínimo esixido será por cada socio/a individual da sociedade, sexa ou non beneficiario/a da subvención, e en proporción á súa participación na mesma. No caso de microcréditos concedidos polo Instituto de Crédito Oficial ou por outras entidades de crédito a persoas desempregadas con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social, a subvención poderá ser o custo total dos gastos financeiros, cos límites máximos sinalados anteriormente. • Subvención para asistencia técnica co obxecto de financiar os custos dos servizos externos necesarios para mellorar o desenvolvemento da actividade empresarial, así como para a realización de estudos de viabilidade, organización, comercialización, diagnose ou outro de natureza análoga, prestados polas persoas ou entidades que reúnan os requisitos indicados na orde, e que se desenvolvan integramente entre os 3 meses anteriores e os 6 posteriores ao inicio da actividade. A contía desta axuda será do 75% do custo dos servizos prestados, ata un máximo de 1.000 euros. • Subvención para formación co obxecto de financiar os custos de cursos, realizados polas persoas ou entidades que reúnan os requisitos mencionados na orde, relacionados coa dirección e xestión empresarial e novas tecnoloxías da información e comunicación, integramente desenvoltos entre os 3 meses anteriores e os 6 meses posteriores ao inicio da actividade. A contía desta axuda será do 75% do custo dos cursos recibidos, ata un máximo de 3.000 euros. • Axuda excepcional para o financiamento dos primeiros gastos da actividade realizados nos 3 meses anteriores e nos 6 meses seguintes ao inicio da actividade en concepto de compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, gastos de constitución, publicidade, arrendamento de local, maquinaria e seguro do local (excluído o IVE). A contía da axuda será de 2.000 euros, 2.400 euros e 3.600 euros, segundo o colectivo dos sinalados no artigo 8º da orde no que se atope incluída a persoa beneficiaria. Prazo de solicitudes • O prazo xeral para a presentación de solicitudes das distintas axudas deste programa será de dous meses desde a data da alta na Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional. En todo caso, este prazo finalizará o 15 de setembro de 2009, aínda que non transcorreran dous meses desde a dita alta (art. 10º.2). • As actuacións subvencionables do programa para a promoción do emprego autónomo, realizadas entre o 16 de setembro do ano 2008 e a data de publicación desta orde, poderán acollerse ás axudas da mesma, aínda que transcorrese o prazo establecido dende a alta na Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional. O prazo para a presentación destas solicitudes remata o 31 de marzo de 2009. Orde de convocatoria Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2009 (DOG nº 10; do 15 de xaneiro de 2009).
Asesoría Compostela

© 2019 Asesoría Compostela, S.L. - Todos los derechos reservados

Inicio| Archivo| RSS| Contacto| Nota Legal