El asesoramiento en manos de expertos

tiempo de hoy

Lunes 19 de Enero de 2009

PROGRAMA DAS INICIATIVAS EMPRENDEDORAS E DE EMPREGO

ORDE DO 30 DE DECEMBRO DE 2008 POLA QUE SE ESTABLECEN AS BASES REGULADORAS DO PROGRAMA DAS INICIATIVAS EMPRENDEDORAS E DE EMREGO (I+E+E). Obxecto Xerar emprego estable, especialmente de mozos e mulleres, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais promovidas por persoas desempregadas con especial atención aos concellos do rural galego, e as promovidas e/ou que xeren emprego para demandantes procedentes de empresas de sectores de actividade en reestruturación. Beneficiarios Empresas privadas calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, sociedades civís, comunidades de bens, sociedades cooperativas e sociedades laborais que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda e nas que concorran, na data de inicio da actividade, as seguintes circunstancias: • que sexan empresas de nova creación • que sexan viables técnica, económica e financeiramente • que xeren emprego estable para persoas desempregadas • que teñan o seu domicilio social e fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia • que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios promotores non figure ningunha persoa xurídica • que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros e • que como mínimo o 50 por cento do seu capital social sexa de titularidade de promotores desempregados que creen o seu propio posto de traballo na empresa. Tipos de axuda • Subvención á xeración de emprego estable Os postos de traballo de carácter indefinido creados, incluídos os dos propios promotores, ocupados por persoas desempregadas incentivaranse, ata un máximo de dez, cunha subvención cada un deles de 3.000 euros se o traballador é un home e de 4.000 euros se é unha muller. Estes incentivos terán un incremento de 500 euros no suposto de mozos e mozas desempregados menores de 30 anos. Para persoas desempregadas con discapacidade a subvención acadará a contía de 6.000 euros. Cando a dedicación sexa a tempo parcial, as contías destes incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo, en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, na xornada ordinaria legal. • Subvención financeira Reducción dos xuros de préstamos necesarios para a creación e posta en marcha das empresas destinados a financiar os investimentos en activos fixos. Non obstante, poderase destinar ata un 25% do importe do préstamo para financiar o activo circulante. A subvención será de ata seis puntos do tipo de xuro, fixo ou variable, fixado pola entidade de crédito que conceda o préstamo, calculada sobre os oito primeiros anos de vixencia, sen que, en ningún caso, o tipo de xuro que deba satisfacer o beneficiario, despois de calculada a subsidiación, poida resultar inferior a un punto e terá como límite a contía de 3.000 euros por cada posto de traballo de carácter indefinido creado, ata un máximo de dez, se o traballador é un home e de 4.000 euros se é unha muller. Estes incentivos terán un incremento de 500 euros no suposto de mozos e mozas desempregados menores de 30 anos. Para persoas desempregadas con discapacidade a subvención acadará a contía de 6.000 euros. Os préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo. (Ver nota informativa sobre a subvención financeira). • Subvención para asistencia técnica Para axudar á persoa promotora ou empresario na toma de decisións necesarias para o funcionamento da empresa. A asistencia técnica poderá consistir nas modalidades de formación e realización externa de estudios e informes sobre a actividade. A contía da subvención será de ata o 75% do custo dos servicios recibidos, cun límite máximo de 12.000 euros polo conxunto das modalidades de asistencia técnica previstas. • Subvención para o inicio da actividade Para o financiamento dos primeiros gastos da actividade poderá concederse unha subvención de ata 2.400 euros por cada emprego subvencionable, ata un máximo de dez. Para as persoas desempregadas de longa duración, traballadores procedentes de empresas dos sectores de actividade en reestruturación, sinalados no anexo I da orde de convocatoria, e as persoas con discapacidade a contía desta subvención será de ata 3.600 euros. Serán subvencionables os gastos de constitución da empresa, a compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, arrendamento do local e maquinaria, man de obra empregada na reforma ou adecuación do local, seguro do local, publicidade e subministracións. • Subvención para a conciliación da vida profesional e persoal dos promotores. Subvención do 75% do custo dos servizos de gardería, ata un máximo de 3.000 euros, para os promotores que sendo titulares dunha familia teñan fillos menores de tres anos. Poderán ser beneficiarias as empresas polos promotores que obtendo a subvención á xeración do emprego estable, sexan titulares de familias monoparentais ou na que os dous cónxuxes realicen unha actividade laboral e estean dados de alta no correspondente réxime da Seguridade Social. • Incrementos dos incentivos. As contías máximas das axudas deste programa, incrementaranse nun 20% nos casos de que a empresa teña o seu domicilio social e o centro de traballo nun concello rural. (Ver nota informativa sobre concellos galegos non rurais). Prazo de solicitudes • O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 15 de setembro de 2009. Non obstante deberán respectarse os prazos específicos establecidos para cada tipo de axuda: • Subvención á xeración de emprego estable: 2 meses desde a data de alta na Seguridade Social. • Subvención financeira: 3 meses desde o inicio da actividade. • Subvención para asistencia técnica, subvención para o inicio da actividade e subvención para a conciliación da vida profesional e laboral dos promotores: no prazo xeral. • As solicitudes de axudas deste programa polas actuacións realizadas entre o 16 de setembro de 2008 e a data de publicación da orde, aínda que trancorrese o prazo establecido desde a alta na Seguridade Social ou desde o inicio da actividade empresarial, poderán presentarse ata o 31 de marzo de 2009. Orde de convocatoria Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do programa das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009 (DOG nº 11; do 16 de xaneiro de 2009).
Asesoría Compostela

© 2019 Asesoría Compostela, S.L. - Todos los derechos reservados

Inicio| Archivo| RSS| Contacto| Nota Legal