Notice: Undefined index: boot in /home/asesoriacompostela/www/sistema/object.php on line 70

Notice: Undefined index: menu in /home/asesoriacompostela/www/sistema/object.php on line 70
Asesoria Compostela

El asesoramiento en manos de expertos

tiempo de hoy


Notice: Undefined index: esnoticia in /home/asesoriacompostela/www/application/views/articulo.php on line 27

Miércoles 27 de Abril de 2011

CCOO e UGT culpan carga de traballo do absentismo na Xunta

Os sindicatos galegos CCOO e UGT focalizaron onte o problema do absentismo laboral nos centros de atención a dependentes, onde o persoal pertencente á Consellería de Traballo e Benestar, aseguran, “non da abasto” ao traballo que ten que desenvolver durante a súa xornada, polo que abundan as baixas por enfermidades.

A voceira de CCOO en materia de Benestar, Susana Ameneiros, explica que as cifras de faltas que manexa a Xunta de Galicia se deben “á sobrecarga de traballo” nos centros públicos de atención a maiores e dependentes, en moitas ocasións totalmente asistidos polo persoal público.

En concreto, asegura que o coidado destas persoas require un esforzo elevado por parte dos traballadores, “que son moi poucos”, polo que é frecuente que o cadro de traballadores remate con baixas médicas. “Hai moitos casos nos que unha única persoa se encarga do coidado total de ata 11 residentes”, explica Ameneiros.

Neste senso, argumentou que os cadros de persoal dos centros “están obsoletos”. “Veñen arrastrando un déficit importante con respecto aos cadros de persoal, xa desde a anterior Xunta do Partido Popular. Isto provocaba que os propios traballadores non puidesen disfrutar dos dereitos que tiñan recollidos no convenio”, apunta.

CUBRIR AS BAIXAS

Pola súa banda, o voceiro de Función Pública de UGT, Fran Núñez, matizou que o “verdadeiro problema” é que non se están a cubrir as baixas por enfermidade do persoal. En declaracións ao diario Xornal de Galicia, Núñez indicou que cando un traballador dos centros de dependentes non asiste ao seu traballo por cuestións médicas, é outro compañeiro quen asume a súa carga de traballo.

“Non hai un sistema de contratación temporal que supla ao persoal, polo que ao final, se aumenta a carga de traballo por cubrir a un compañeiro, é moi difícil que non aumenten tamén as baixas”, explica Núñez.

Ademais, destacou que o cadro de persoal dos servizos de Benestar é “moi limitado” e que a media de idade é de 52 anos, o que, ao seu xuízo, é un persoal “bastante envellecido”, o que aumenta as posibilidades dunha baixa por enfermidade. “O traballo é moi físico, cargan con pesos e é moi sinxelo que se manquen”, asegura.

Neste sentido, subliñou que a propia Xunta de Galicia é culpable deste absentismo porque, dixo, “son eles quen non teñen unha bolsa de contratación para suplir as baixas”. “Feijóo equivócase, hai absentismo, pero non deu coa causa aínda, e iso é o importante, que se dea de conta de que el mesmo ten a solución para paliar este problema do que fala”, espetou.

Dende CCOO, ademais, lembran que co goberno bipartito se asinara un acordo de ampliación dos cadros de persoal, polo que se investirían 16 millóns de euros, así como mellores dependendo do cambio de necesidades dos usuarios, entre outras cuestións. “O goberno anterior adicou para isto tres millóns de euros cos que a actual Xunta acaba de crear postos, sempre insuficientes, e non parece que vaia cumprir cos compromisos adquiridos”, indicou Ameneiros.

Por último, Fran Núñez alertou de que o problema se pode agravar nos vindeiros anos xa que, segundo os seus cálculos, entre 2011 e 2012 vanse xubilar máis de 90 persoas do cadro de traballadores dos centros de atención a dependentes. “Se non se cobren esas prazas, a situación será absolutamente precaria para os traballadores da Xunta de Galicia nos servizos de Traballo e Benestar”, sentenciou.

(Xornal.com, 27/04/2011)

Asesoría Compostela

© 2024 Asesoría Compostela, S.L. - Todos los derechos reservados

Inicio| Archivo| RSS| Contacto| Nota Legal