El asesoramiento en manos de expertos

tiempo de hoy

Viernes 26 de Mayo de 2017

FOMENTO E CONSOLIDACION DO EMPREGO NAS PEMES DE NOVA CREACION

 

PROGRAMA FOMENTO E CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO NAS PEMES DE NOVA CREACIÓN

BENEFICIARIOS

1. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, comunidades de bens, sociedades civís, sociedades cooperativas e sociedades laborais, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda e nas cales concorran, na data do seu inicio de actividade, as seguintes circunstancias:

a) Que sexan empresas de nova creación.

b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.

c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.

d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios ou as socias promotoras non figure ningunha persoa xurídica.

f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros.

g) Que como mínimo o 50 % do seu capital social sexa de titularidade dos promotores e promotoras que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.

2. Ademais, tamén poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as empresas privadas que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego (ILE).

Estas empresas, cualificadas previamente como ILE, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídos os autónomos ou as autónomas e as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, deben estar constituídas e ter iniciada a súa actividade no prazo máximo dun ano desde a notificación da resolución de cualificación ou, de ser o caso, no prazo que se estableza na resolución de cualificación, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para cada tipo de axuda.

A actividade desenvolta pola empresa debe coincidir coa do proxecto previamente cualificado como iniciativa local de emprego.

No caso de sociedades civís e comunidades de bens, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiario. En calquera caso, deberán nomear unha persoa representante ou apoderada única da agrupación, con poderes bastantes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle correspondan á agrupación.

3. Poderán ser beneficiarias as persoas promotoras para a axuda para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar desas persoas promotoras.

 

TIPOS DE AXUDAS

O Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación inclúe os seguintes tipos de axudas:

a)    Subvención á xeración de emprego estable.

 A creación de postos de traballo estables de carácter indefinido, incluídos os das propias persoas promotoras, que sexan ocupados por persoas desempregadas, incentiva­rase, ata un máximo de dez, cada un deles coa contía de 4.000 euros como desempregado en xeral.

Esta contía base incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:

a) Se a persoa incorporada é unha muller.

b) Se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de ex­clusión social.

c) Se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregados.

d) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da empresa estea situado nun concello rural.

Deste xeito, a contía máxima posible por posto de traballo, de aplicarse todos os incre­mentos, sería de 8.000 €.

  b) Subvención para formación.

1. A subvención para a formación ten por obxecto financiar parcialmente a formación relacionada coas funcións xerenciais da persoa promotora ou empresaria e/ou a formación directamente relacionada coa actividade que van desenvolver, de xeito que estes estudos contribúan á boa marcha da empresa.

2. Subvencionaranse os cursos e as actividades formativas que a persoa promotora rea­lice para obter e mellorar os seus coñecementos sobre a función xerencial e as actividades formativas directamente relacionadas coa actividade económica en que estea de alta a empresa. Esta formación poderá ser impartida por entidades públicas ou privadas e deberá estar finalizada dentro do período subvencionable.

3. O gasto orixinado deberase producir no período subvencionable e deberá ser efecti­vamente xustificado, mediante certificado de asistencia e as facturas e documentos banca­rios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xusti­ficación establecido na resolución de concesión ou, en todo o caso, ata o 20 de decembro de 2017.

A contía da subvención, que só se poderá solicitar unha vez, será de ata o 75 % do custo dos servizos recibidos, excluído o IVE, cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto dos cursos e actividades de formación recibidas.

 

 

  c) Subvención para o inicio da actividade.

1. Poderase conceder para o financiamento dos primeiros gastos da actividade unha subvención de ata 3.000 euros por cada emprego subvencionable, ata un máximo de dez, por persoa desempregada en xeral.

Esta contía base incrementarase nun 25 % nos seguintes casos:

a) Se a persoa incorporada é unha muller.

b) Se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de ex­clusión social.

c) Se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregados

d) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da empresa estea situado nun concello rural.

Deste xeito, a contía máxima posible por posto de traballo, de aplicarse todos os incre­mentos, sería de 6.000 €.

2. Esta axuda destinarase a sufragar os gastos nos seguintes conceptos: honorarios de notaría e rexistrador, compra de mercadorías e materias primas, arrendamento do local, de maquinaria e de equipamentos informáticos, gastos do seguro do local, publicidade, páxina web, posicionamento web e subministracións, excluído o imposto sobre o valor en­gadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación. Estes gastos poderán ser subvencionados sempre que as facturas estean expedidas a nome da entidade solicitante e non sexan emitidas por algunha das persoas promotoras da empresa. Exclúense, así mesmo, os impostos e os gastos re­feridos aos domicilios particulares dalgunha das persoas promotoras.

d) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.

1. Co obxecto de favorecer a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas emprendedoras concederase unha subvención do 75 % do custo dos servizos de gardaría, ata un máximo de 3.000 euros, para aquelas persoas promotoras que teñan fillos ou fillas menores de tres anos.

2. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas promotoras que creen o seu propio posto de traballo estable e polo que se obtivese a subvención establecida no arti­go 8 desta orde, sexan titulares de familias monoparentais ou nas cales os dous cónxuxes realicen unha actividade laboral e estean dados de alta no correspondente réxime da Se­guridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.

3. Serán subvencionables os gastos da gardaría correspondentes desde os tres meses anteriores ao inicio de actividade ata o fin do período subvencionable e tendo como data límite máxima o mes de xullo de 2017.

 

Asesoría Compostela

© 2018 Asesoría Compostela, S.L. - Todos los derechos reservados

Inicio| Archivo| RSS| Contacto| Nota Legal