Notice: Undefined index: boot in /home/asesoriacompostela/www/sistema/object.php on line 70

Notice: Undefined index: menu in /home/asesoriacompostela/www/sistema/object.php on line 70
Asesoria Compostela

El asesoramiento en manos de expertos

tiempo de hoy

Martes 13 de Febrero de 2018

AXUDAS PROMOCION EMPREGO AUTONOMO 2018

 

 

El plazo de presentación finaliza el 01/10/2018

AXUDAS PARA A PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO (TR341D)

Finalidad / Objetivo

A finalidade deste programa é a concesión dunha axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo da súa actividade laboral.



Ao abeiro desta orde subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2017 ata o 30 de setembro de 2018, ambos inclusive.

Tipos de apoyo

Establécese un procedemento de concesión que non ten a consideración de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

1.- As persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia, sempre que cumprindo as condicións establecidas para cada tipo de axuda, reúnan os seguintes requisitos:


? Ter solicitada a alta como persoa traballadora autónoma no correspondente réxime da Seguridade Social ou en mutualidade do colexio profesional con anterioridade á presentación da solicitude.



? Desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia (segundo a alta no IAE ou no censo de obrigados tributarios da Axencia Estatal de Administración Tributaria)



? Non percibisen subvencións ao abeiro dos distintos programas de promoción do emprego autónomo nos tres anos anteriores á data do inicio da nova actividade.



? Non desenvolvesen como persoas traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores.



2.- As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarios/as das axudas deste programa, cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a comunidade de bens ou sociedade civil deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.



Quedan excluídos deste programa, os socios de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades laborais e os autónomos colaboradores.

 

Cuantía de las ayudas

A. Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia.



1.- Co obxecto de facilitarlles ingresos durante o inicio da actividade e posta en marcha da iniciativa empresarial ou profesional, unha subvención polo seu establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.



2.- A contía da subvención será:



2.000 euros para desempregado en xeral.



4.000 euros no caso de ser menores de 30 anos ou persoas desempregadas de longa duración ou persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social



Esta contía base terá dereito ao incremento do 25% en cada un dos seguintes casos:



1. No caso dunha muller


2. No caso dunha persoa maior de 45 anos


3. No caso dunha persoa emigrante retornado


4. O centro de traballo da empresa estea situado nun concello rural



Deste xeito a contía máxima posible, de aplicarse todos os incrementos será de 8.000 euros.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo finalizará o 30 de setembro de 2018.



As actuacións subvencionables ao abeiro do programa para a promoción do emprego autónomo regulado nesta orde, realizadas entre o 1 de outubro de 2017 e a data da súa publicación, poderán acollerse ás axudas desta.

 

 

Asesoría Compostela

© 2023 Asesoría Compostela, S.L. - Todos los derechos reservados

Inicio| Archivo| RSS| Contacto| Nota Legal